domingo, 26 de outubro de 2025

 24 de outubro

Día das bibliotecas

O venres 24 celebramos por todo o alto o día das bibliotecas. A rapazada de infantil, primeiro e segundo ciclos de primaria xuntámonos no ximnasio (porque non nos chegaba o espazo da biblioteca) para disfrutar co rato Fuco, que chegou dende Lonxedetodo para agasallarnos con contos, cancións e xogos musicais. 

             

martes, 21 de outubro de 2025

 MOCHILA VIAXEIRA

AINARA ALONSO

3º PRIMARIA

Ainara Alonso de 3º de primaria levou á casa a mochila viaxeira. E de volta trouxo información importante no caderno viaxeiro:

luns, 6 de outubro de 2025

 OUTUBRO NA BIBLIO

Empezamos outubro con unha morea de novidades.  

Silviña escribiunos  cartas para presentarnos a súa amiga que tamén se chama Silviña. E para contarnos sobre o PDI do presente curso.




Noa e Sira, axudantes da biblio, foron polas respectivas aulas repartindo as cartas de Silviña



Mercamos libros novos  para todas as idades. Repartímolos en dúas cestas para disfrutalos nas titorías.




Por cortesía de La Voz de Galicia, dende o mércores 1 de outubro e ata finais de maio, coincidindo coa publicación do suplemento "La voz de la escuela" recibiremos no cole varios exemplares do xornal.


Preparamos os fondos   e os  cadernos viaxeiros para empezar a súa viaxe polas casas de todo o alumnado.




Aló van  os  axudantes da biblio de 6º de primaria (Nico, Izan, Dimas, Valeria, Noa, Clara, Katia, Sira)a  repartir polas aulas as mochilas viaxeiras.



Empezamos coas sesións de conta contos por todo o alto. Ánxela, a mestra de infantil en prácticas, cantou e contou para a rapazada de 1ª, 2ª e 3ª de primaria o conto: Marceliña na cociña




RETO CINE
Silviña e a súa amiga Silviña propoñen un reto cine de outono para a rapazada de infantil e primaria