OUTUBRO NA BIBLIO
Empezamos outubro con unha morea de novidades.
Silviña escribiunos cartas para presentarnos a súa amiga que tamén se chama Silviña. E para contarnos sobre o PDI do presente curso.
Noa e Sira, axudantes da biblio, foron polas respectivas aulas repartindo as cartas de Silviña
Mercamos libros novos para todas as idades. Repartímolos en dúas cestas para disfrutalos nas titorías.
Por cortesía de La Voz de Galicia, dende o mércores 1 de outubro e ata finais de maio, coincidindo coa publicación do suplemento "La voz de la escuela" recibiremos no cole varios exemplares do xornal.
Preparamos os fondos e os cadernos viaxeiros para empezar a súa viaxe polas casas de todo o alumnado.
Aló van os axudantes da biblio de 6º de primaria (Nico, Izan, Dimas, Valeria, Noa, Clara, Katia, Sira)a repartir polas aulas as mochilas viaxeiras.
Empezamos coas sesións de conta contos por todo o alto. Ánxela, a mestra de infantil en prácticas, cantou e contou para a rapazada de 1ª, 2ª e 3ª de primaria o conto: Marceliña na cociña
RETO CINE
Silviña e a súa amiga Silviña propoñen un reto cine de outono para a rapazada de infantil e primaria
Ningún comentario:
Publicar un comentario