...xa temos as nosas portas decoradas, cada unha facendo referencia a un conto dos irmáns Grimm.
mércores, 4 de novembro de 2015
luns, 26 de outubro de 2015
XOGANDO COS CONTOS
Despois da sesión de debuxos do venres, hoxe propuxémoslle aos nosos pequenos que ordenasen as imaxes da historia de "O lobo es os sete cabuxos". E hai que decir que o fixeron moi ben, incluso contándonos o que sucedía en cada imaxe.
venres, 23 de outubro de 2015
xoves, 22 de outubro de 2015
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Mañá celebraremos o Día da Biblioteca Escolar.
Este ano, como xa é ben sabido, estamos coñecendo a fondo os contos dos Irmáns Grimm. Lembrade que podemos atopar distintas versións do mesmo conto, xa que estes escritores fixeron moitas recopilacións de contos tradicionais e escribíronos segundo o seu propio criterio. Por iso atopámonos co mesmo conto relatado por varios escritores.
Para conmemorar este día, decantámonos polas versións de debuxos animados, que é outra forma de coñecer os contos. Os alumnos de Educación Infantil, 1º e 2º disfrutarán de " O lobo e os sete cabuxos"; os alumnos de 3º a 6º coñecerán o conto de " O sastriño valeroso". Animamos a ler despois o conto para ver similitudes e/ou diferenzas.

Seguimos un ano máis animando aos nosos alumnos a medrar coa lectura.

mércores, 7 de outubro de 2015
Xa estamos metidos no proxecto! Tal e como prometemos, aquí tedes un avance para ir comezando. Podedes coñecer a vida dos irmáns Grimm, ler algún dos seus contos e ver outras versión dos mesmos en debuxos animados, ópera, pictos e debuxos para colorear. Preme nas distintas imaxes para acceder a eles.

xoves, 24 de setembro de 2015
PROXECTO 2015/2016
Seguro que todos coñecedes contos como " Carapuchiña Vermella", " "Brancaneves e os sete ananiños", "Pulgariño", "Os sete cabritiños", "A Cincenta"... O que ó mellor non sabedes é que foron escritos por dous irmáns moi coñecidos: Os irmáns Grimm.Este ano o noso proxecto xira arredor do traballo destes escritores. Lembraremos eses contos tan coñecidos por todos, e escoitaremos outros novos que son igualmente fermosos.
Permanece atentos ó noso Blog e descubriredes moitas cousas dos irmáns Grimm e das súas historias.
martes, 8 de setembro de 2015
venres, 19 de xuño de 2015
REMATA O CURSO
Case sen darnos conta chegamos ó fin do curso. Disfrutade moito do verán e repoñede forzas para o curso que ven. Esperámosvos na Biblioteca con novos proxectos!
Non olvidedes que CALQUER LUGAR É BO PARA DISFRUTAR DUNHA BOA LETURA!
FELICES VACACIÓNS!
luns, 18 de maio de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)