domingo, 17 de outubro de 2021

BOOKTUBERS

Ao alumnado de 4º/5º de infantil encantáronlle dous contos do polo Pepe e quixeron recomendalos para todo o cole. 

Artistazas que son!!!





venres, 15 de outubro de 2021

 NOVIDADES

Mercamos unha morea de libros sobre o coidado do  medio e viaxaron polas aulas para que todos os disfrutaran. 



xoves, 14 de outubro de 2021

 XORNAL O PAPAGAIO

Na Bibliosilva, ademais de libros. temos revistas e o xornal O Papagaio que nos encanta. No número de outubro, Mr. Lupo pídenos que lle axudemos a resolver un problema. 

E alá foi Silviña a propoñernos unha pregunta viaxeira de outono. Agora está todo o alumnado tentando buscar solucións para participar no concurso.





martes, 12 de outubro de 2021

 RECÉN CHEGADOS Á BIBLIOSILVA

... agora solo queda disfrutalos



venres, 8 de outubro de 2021

 SALVAR O PLANETA


Salvar o planeta é a tarefa do capitán Verdemán; o  protagonista dun dos libros recén mercados para a nosa biblioteca. 

A seguinte canción tamén nos ensina como podemos salvalo. Aquí a deixamos para que vos poñades mans á obra, ou mellor dito mans a salvar o planeta.



Deixamos tamén a que está sonando este mes de outubro nos timbres do cole e que nos ensina como debemos reciclar para protexer o planeta.




 MOCHILAS VIAXEIRAS

Oito mochilas cargadiñas de libros, saíron dende  a Bibliosilva camiño das primeiras oito casas. Esperamos e desexamos que as disfrutedes en familia.



BOA VIAXE!!


venres, 1 de outubro de 2021

 BOOKTUBERS

Algúns dos  axudantes da biblioteca non podían empezar mellor coa súa recomendación: un capitán que quere salvar o planeta e que precisa a axuda de todos.



PATRULLA ECO MARRÓN
O equipo eco empeza a súa andaina repartindo polas aulas o minicolector marrón. Ata fixeron a súa identificación para que todos os coñezamos. 
Ánimo rapazada que o planeta agarda por vos!!!




martes, 28 de setembro de 2021

Para rematar setembro e entrar co pé dereito no mes de outubro, que é o mes que adicamos ás bibliotecas (especialmente á nosa), presentamos:

-  O título do proxecto sobre o que imos traballar este curso

                      

- O noso BOOKFLIX  (catálogo de novidades) do medio ambiente


- A primeira tarefa de dúas das axudantes da biblioteca  (Lucía e Lucía Thule de sexto de primaria): entrega dunha maleta sorpresa na aula de 5º/6º de educación infantil. 
Que sorpresa levará dentro?

                                                                               
                                                                       





luns, 13 de setembro de 2021

BENVIDOS AO CURSO 2021-2022

 Xa estamos de volta!

Agardámosvos na BiblioSilva con moitas novidades e aventuras por descubrir!

martes, 22 de xuño de 2021

CONSEGUÍMOLO ! ! !

 Despois dun ano difícil, estamos super contentos con poder ter rematado o curso satisfactoriamente e sen incidencias. 

Dende o Equipo de Biblioteca queremos motrar o noso agradecemento a aquelas familias que colaboraron nas actividades propostas. E como non, @s nen@s que tanto traballaron e participaron nas actividades con toda a ilusión. Sodes uns campi@ns!  

Só nos queda desexarvos que pasedes un FELIZ VERÁN e disfrutedes e descansedes moito, que ben merecido o tedes ! 

E non olvidedes : SE QUERES UNHA AVENTURA, LÁNZATE Á LECTURA !

Así que aquí vos deixamos unhas recomendacións para aventurarse nestas vacacións.

Vémonos en setembro con novos proxectos e novas ilusións. Ata a volta ! ! !