luns, 24 de outubro de 2016

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Que mellor día que hoxe, que celebramos o Día da Biblioteca Escolar, para gozar dunha boa lectura. E se ademáis son os nosos compañeiros os que len, mellor que mellor! Así pois, aproveitando esta conmemoración hoxe retomamos as LECTURAS APADRIÑADAS, nas que como xa fixemos outros anos, os maiores lenlle aos máis pequenos, que quedaron encantados de escoitar tan fermosos contos.

Premendo na imaxe podedes ver as fotos.

mércores, 5 de outubro de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

En breve poremos en marcha as "Mochilas Viaxieras" deste ano, que integramos dentro do Proxecto Lector.
O seu principal obxectivo é fomentar o hábito lector e  o pracer pola lectura, compartindo momentos gratos entre os membros da familia.
É importante que a familia pase un rato arredor dela e que se coide o seu contido.
A lectura está destinada a afinar a sensibilidade e a estimular a imaxinación, a mellorar a expresión, o vocabulario... Pero todo isto só se consigue se as prácticas de ver, ler, mirar e escoitar se realizan moitas veces, con moita constancia.
Así, queremos invitarvos a que vos reunades cos nenos e nenas e arredor da mochila, a abrades e compartades os seus contidos.
Agradecemos que devolvades a mochila no prazo establecido para que a poidamos facer chegar a outra familia.
Antes de devolvela agradeceremos que escribades, xunto cos nenos, unhas liñas no caderno que vai na mochila, por exemplo: qué vos pareceu  o contido da mochila, qué vos gustou máis, se vos gusta a idea de mochila, un debuxo feito polo neno sobre algún conto que vai nela, ou incluso algunha cantiga, conto, refrán, lenda, adiviña para que a resolva a seguinte familia...

Moita gracias pola vosa colaboración.

QUE DISFRUTEDES EN FAMILIA!

luns, 19 de setembro de 2016

BENVIDOS AO CURSO 2016-2017

Xa na segunda semana deste curso, douvos a benvida de novo. Estou moi contento de volver a vervos e espero que un ano máis disfrutedes dos marabillosos libros da Biblioteca e de tódalas actividades que iremos facendo.


Para irvos adiantando, este ano adentrarémonos nas fascinantes "7 MARABILLAS DO MUNDO MODERNO". Coñeceremos cáles son, pero tamén moitos aspectos relacionados con elas ( cultura, países...). 

Como outros anos, cada aula profundizará no coñecemento de unha marabilla. O reparto foi o seguinte:
Educación Infantil- Gran Muralla China-China
1º Curso- Chichén Itzá-México
2º Curso- Machu Picchu- Perú (Cuzco)
3º Curso- Coliseo- Italia (Roma)
4º Curso- Taj Mahal- India (Agra)
5º Curso- Petra- Jordania
6º Curso- Cristo Redentor- Brasil (Río de Janeiro)

Seguro que ao rematar o curso todos teremos ganas de visitalas.

Ánimo e a disfrutar!!!!


domingo, 19 de xuño de 2016

CARAPUCHIÑA VERMELLA

Para rematar co libro viaxeiro, os alumnos de Educación Infantil de 5 anos contáronnos marabillosamente a súa versión de Carapuchiña Vermella. Grandes contacontos!!!

O LOBO E OS SETE CABUXOS

Estes cabuxos convertíronse nuns músicos fantásticos!!! Así nolo contan os alumnos de 6º.

A GATA CON TACÓNS

Os alumnos de 4º fixeron unha adaptación do Gato con Botas. Convertiron ao gato nunha gata e...con tacóns!!!

martes, 14 de xuño de 2016

BRANCANEVES CON BOTAS

Desta vez foi o turno dos alumnos de 2º curso, que nos explicaron cómo fixeron para redactar este conto.

domingo, 5 de xuño de 2016

domingo, 29 de maio de 2016