mércores, 22 de abril de 2020

ARTE CULINARIA

Xa temos máis obras de arte. Algún vaise facer con toda unha colección! Estamos encantados con que disfrutedes creando obras novas! Moitas gracias!




martes, 21 de abril de 2020

RETO 3-PISTA 2

Pista 1 e 2: Infantil-1º e 2º Primaria



Pista 1 e 2: 3º-4º-5º e 6º Primaria

- Este libro é o primeiro dunha saga considerada como un dos maiores fenómenos literarios dos últimos tempos.
- A novela foi rexeitada por varias editoriais ata que por fin foi publicada pola editorial Bloomsbury no ano 1997, ganando posteriormente varios premios literarios.

CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS

Chema Heras cóntanos a historia de Martiño, que el mesmo escribiu. Picade na portada e veredes que sucedeu . . .

AlimentArte

Cando falamos de Arte vénsenos á cabeza a pintura, a escultura, a música... Pero non podemos olvidarnos doutra Arte moi relacionada co noso proxecto: a Arte Culinaria, que non é outra cousa que preparar alimentos de forma creativa.

A partir dun traballo que lle propuxeron as profes Patricia e Lucía aos alumnos de 1º,2º e 3º, e despois de recibir fantásticas obras de Arte culinaria por parte dalgúns rapaces e rapazas, animámosvos a que tamén vós participedes con creacións orixinais e saudables. Aínda que, neste caso, teñen a mesma temática, cada unha é única e marabillosa.
Compartimos con vós as fotos que nos enviaron.








Podedes enviar as fotos ao correo de Lucía.

luns, 20 de abril de 2020

CONCURSO-RETO 3- PISTA 1

Xa só nos quedan dous retos. Imos ver qué tal se vos dá esta semana. Ánimo !

Pista 1: Infantil- 1 e 2º Primaria



Pista 1: 3º-4º-5º e 6º Primaria

- Este libro é o primeiro dunha saga considerada como un dos maiores fenómenos literarios dos últimos tempos.

QUEN É ESE BECHO?

O conto de hoxe é unha versión musicada de Paco Nogueiras para Kalandraka TV.  Veredes canto vos gusta "Quen é ese becho" de Carmen Queralt. Preme na portada.


venres, 17 de abril de 2020

RUBICUNDO

Sinto decirvos que hoxe non temos conto. Ou si ??? Pois claro! Pero hoxe imos ir ao teatro ! A Fundación Abanca tamén comparte moitos recursos para que poidamos disfrutar dende a casa.

A obra titúlase "Rubicundo", unha adaptación do libro "Rubicundo" de María Canosa, representada por "Teatro do Ghazafelhos".

Tomade asento e a disfrutar !

Fonte: Fundación Abanca- Afundación en casa

xoves, 16 de abril de 2020

SOLUCIÓN - RETO 2

E a solución é...

Infantil- 1º e 2º Primaria


                       BRANCANEVES !
Nos próximos retos tede coidado antes de dar a solución. Sobre todo nos contos nos que hai máis dun personaxe, porque pode ser que non sexa o que pedimos. Por exemplo, neste reto podería ter sido Mudiño, ou Gruñón, ou calquera otro ananiño. Non tiña por qué ser Brancaneves.
Así que ollo ! Non dedes o nome do libro, decide SO o nome do personaxe  que pedimos.

3º-4º-5º e 6º

Desta vez foi un pouquiño máis difícil e algún equivocouse de libro, aínda que acertou o autor. A resposta é: CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE, un conto de ROALD DAHL.

As puntuacións quedan do seguinte xeito:

A RAPOSA LISTA

Seguimos a compartir contos dos fantásticos narradores do colectivo NOGA. Esta vez é Raquel Queizás a que nos fai pasar un fantástico momento.

mércores, 15 de abril de 2020

RETO 2- PISTA 3

Imos coa última pista deste reto. Lembrade que os da categoría Infantil-1º e 2º SÓ  teñen que dar o nome do PERSONAXE. Non teñen que dicir o título do conto. Tede en conta que un conto pode ter moitos personaxes e ao mellor non pedimos o nome de todos eles, ou sí... Fixádevos ben nas pistas.

Pistas 1-2 e 3 : Infantil- 1º e 2º Primaria




Pistas 1-2 e 3 : 3º-4º-5º e 6º Primaria

- O escritor deste libro naceu en Llandaff o 13 de setembro de 1916, e escribiu historias para nenos e para adultos.
- O conto foi escrito en 1964 e o foi levado ao cine dúas veces, unha en 1971 e outra en 2005.
- No libro aparecen uns estranos personaxes chamados Oompa- Lumpas.