Xa temos gañador! O xurado tívoo moi difícil, xa que todos os marca páxinas eran preciosos.
Primeiro elexiron tres finalistas, os tres fantásticos
Xa temos gañador! O xurado tívoo moi difícil, xa que todos os marca páxinas eran preciosos.
Primeiro elexiron tres finalistas, os tres fantásticos
Neste caso, a que se animou a facernos pasar un momento divertido foi a propia Nerea. Moitas grazas!
Nesta II Edición do concurso de marca páxinas tivemos unha ampla participación. Gracias a todos polo voso esforzo! En breve coñeceremos o gañador. Podedes botarlle unha ollada a todos e facer as vosas apostas!
Un curso máis as Mochilas Viaxeiras están circulando polas casas con material para disfrutar coa familia. E como dende o cole miramos pola vosa saúde, non vos preocupedes, levamos a cabo todas as medidas hixiénicas necesarias antes de enviar as mochilas dunha casa a outra.
Izan, de 1º de Primaria, xa trouxo de volta a mochila e con ela unha aportación na que se ve que lle sacou proveito aos libros. Gracias! Encantounos!
Desta vez é a mamá de Ainara Costa a que nos recomenda un libro.
O xoves, nunha actividade promovida pola axencia galega de emerxencias, recibimos a visita de Braulio dos Bolechas, que nos explicou o funcionamento do 112.
Ademáis regaláronnos dous libros. Estivo moi interesante.
Comezamos a utilizar a BiblioSilva! Para ambientar a biblioteca, a exposición deste mes será sobre o outono. Silviña fixo unha escolma de libros con esta temática, que teredes á vosa disposición para levar á aula.
Sabedes por qué a exposición se chama "Camiño do outono"? Pois porque o Proxecto de Biblioteca deste curso é "O Camiño de Santigo", que terá como lema: ENCAMÍÑATE COA LECTURA. Queremos aproveitar que o ano 2021 será Ano Santo para coñecer os distintos camiños. Así, cada aula investigará acerca dun camiño e aprenderá moitas cousas sobre el: significado histórico, lugares polos que pasa, monumentos, comidas típicas, vestimentas típicas, ríos...
A distribución será a seguinte:
Educación Infantil: Camiño Inglés
1º Curso: Camiño do Norte
2º Curso: Camiño de Inverno
3º e 4º Cursos: Camiño Francés
5º Curso: Camiño Portugués
6º Curso: Vía da Prata
Alumn@s de Relixión: Camiño Primitivo
Aínda que este ano non poderemos decorar as portas ( para manter a maior hixiene posible por mor do COVID), permanecede atentos, porque poderedes ver no blog as distintas actividades.
COMEZAMOS! BO CAMIÑO!
Aínda que tivemos que facer a entrega por clases, non esquecimos os agasallos do concurso do Mes do Libro. Aos alumn@s que xa abandonaron o cole, farémosllos chegar.
Unha vez máis, gracias por participar!
Comezamos o novo curso dun xeito distinto ao que estabamos acostumados. De todas formas, ímonos adaptar á nova situación e seguro que buscamos a maneira de pasalo ben e de aprender moito e, sobre todo, de seguir a disfrutar de fantásticas e apaixoantes lecturas.
Permanecede atentos ao blog.
BENVIDOS AO CURSO 2020-2021