Dende o Equipo de Biblioteca propoñémosvos un
actividade-concurso. Para poder
concursar tedes que visitar o Blog. COMEZAREMOS O L UNS 6 DE ABRIL.
Tería dúas modalidades, unha para Infantil e 1º e 2º de
Primaria, e outra para 3º-4º-5º e 6º de Primaria.
MODALIDADE
PARA INFANTIL-1º- E 2º DE PRIMARIA
-
Consiste en adiviñar o personaxe dun conto mediante
pistas.
-
Daranse tres pistas, unha por día, que se poñerán no
Blog da Biblioteca (polo que cada día teredes que visitalo)
-
As pistas consistirán nun anaco de debuxo do personaxe
que hai que adiviñar.
-
Podedes dar a resposta o primeiro día, o segundo ou o
terceiro, pero só podedes facelo unha
vez. Se dades a resposta o primeiro día e coa segunda pista pensades que
non era o personaxe, xa non poderedes cambiar a resposta. Así que, pensádeo
ben!
-
Conseguiredes puntos dependendo do día no que dedes a
resposta, do seguinte xeito:
o Se a dades
coa primeira pista: 5 puntos
o Se a dades
coa segunda pista: 2 puntos
o Se a dades coa
terceira pista: 1 punto
-
As pistas poñeranse sobre as 8 da tarde, e tedes ata
as 8 da tarde do día seguinte para enviar a resposta antes de que se publique a
seguinte pista. Se o facedes despois da publicación da seguinte pistas
levaríades xa a puntuación correspondente a ese día.
-
O cuarto día publicaremos a solución e comezaremos con
outro personaxe (un personaxe por semana).
-
Os tres que acaden máis puntos recibirán un premio
(1º,2º e 3º)
-
Haberá tres premios para Infantil e tres para 1º e 2º.
-
Todos os participantes recibirán unha sorpresa polo
seu esforzo.
-
Enviade as
vosas respostas ao correo que se vos indicou nunha mensaxe privada. Non vos olvidedes de poñer o voso nome e o voso curso.
MODALIDADE
PARA 3º-4º-5º e 6º DE PRIMARIA
-
Consiste en adiviñar o título dun conto, novela,
cómic…actual ou clásico mediante pistas.
-
Daranse tres pistas, unha por día, que se poñerán no Blog da Biblioteca (polo que
cada día teredes que visitalo).
-
Coas pistas
teredes que ir investigando na Internet a ver qué descubrides cada día. Tamén
podedes preguntar aos maiores.
-
Podedes dar a resposta o primeiro día, o segundo ou o
terceiro, pero só podedes facelo unha
vez. Se dades a resposta o primeiro día e coa segunda pista pensades
que non era ese título, xa non poderedes cambiar a resposta. Así que, pensádeo
ben!
-
Conseguiredes puntos dependendo do día no que dedes a
resposta, do seguinte xeito:
o Se a dades
coa primeira pista: 5 puntos
o Se a dades
coa segunda pista: 3 puntos
o Se a dades
coa terceira pista: 2 puntos
o Se despois
da terceira aínda non descubriches o título, aínda podes gañar 1 punto se polo
menos descubriches o autor ( título + autor valen 6 puntos, 4 ou 3 en función da pista)
-
As pistas poñeranse sobre as 8 da tarde, e tedes ata
as 8 da tarde do día seguinte para enviar a resposta antes de que se publique a
seguinte pista. Se o facedes despois da publicación da seguinte pistas
levaríades xa a puntuación correspondente a ese día.
-
O cuarto día publicaremos a solución e comezaremos con
outro título (un título por semana).
-
Os tres que acaden máis puntos recibirán un premio
(1º,2º e 3º)
-
Haberá tres premios para 3º e 4º e tres para 5º e 6º.
-
Todos os participantes recibirán unha sorpresa polo
seu esforzo.
-
Enviade as
vosas respostas ao correo ao correo que se vos indicou nunha mensaxe privada . Non vos olvidedes de poñer o voso nome e o voso curso.
Haberá 4
RETOS, un por cada semana que queda de mes de abril.
As pistas
poñeranse os luns, martes e mércores (cada día engadirase unha pista nova á
anterior), e o xoves darase a solución e os puntos parciais de cada
participante.
O 30 de
abril darase a solución do Reto 4 e a puntuación final, co nome dos
gañadores/as.
ANIMÁDEVOS
A PARTICIPAR!
Ningún comentario:
Publicar un comentario