NEREA E BRAIS CONTAN
Para comezar a celebración, Nerea e Brais quérennos agasallar cun momento de diversión. Pinchade na imaxe e verédelos. Moitas grazas por facernos pasar un rato moi ameno!
ALGUNHAS CURIOSIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO
- O Día Mundial do Libro festéxase cada 23 de abril por ser a data na que se conmemora o pasamento de tres importantes escritores , que faleceron ese mesmo día de diferentes anos: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
- O libro máis pequeno do mundo é un exemplar de 2012 creado en Xapón que mide 0,75 milímetros.
- O libro máis grande recollido no Guinnes mide cinco metros de largo, catro de ancho e un e medio de grosor. Trátase dunha biografía do profeta Mahoma.
- Gústache o olor dos libros vellos? Eso chámase "bibliosmia".
- A finais do século XIX e principios do XX as estanterías das bibliotecas inglesas estaban divididas entre libros escritos por mulleres e aqueles con autores homes. Só estaba permitido xuntar libros de autores masculinos e femininos se se trataba de matrimonios.
- No antigo Exipto as bibliotecas eran coñecidas como os "tesouros dos remedios da alma" porque gracias a elas se podía "curar" a ignorancia, a que consideraban a máis perigosa das enfermidades.
- O novelista que escribiu máis novelas, segundo o libro Guiness, é Ryoki Inoue, un escritor brasileño de orixe xapónés que, con 62 anos tiña publicadas 1072 novelas.
- O autor de " O Mago de Oz", Frank Baum, inspirouse nun caixón de arquivador no que leu O-Z para atopar o nome axeitado ao país imaxinario de Oz.
- Louis Braille creou o método de lectura mediante o tacto para persoas invidentes e a partir de 1827, publicáronse os primeiros libros mediante este sistema.
- A biblioteca máis grande do mundo é a Biblioteca do Congreso de Estados Unidos, en Washington D.C.
ROBERTO EL ESCULTOR DE NUBES
Con esta historia seguro que vos animades a ler un montón de libros
OS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES
Esta pequena, divertida e orixinal historia fará que vexas os libros coma os teus mellores amigos.
MANUALIDADES PARA O DÍA DO LIBRO
Fonte:Vídeos de Youtube:Guillermo Matia-Babyradio-Cosas para peques B y BR
Ningún comentario:
Publicar un comentario