luns, 6 de abril de 2020

CONCURSO- RETO 1- PISTA 1

Comezamos o concurso. Hoxe luns, por ser a primeria pista, adiantámonos á hora. Lembrade que tedes ata mañá ás oito da tarde para enviar a resposta, se é que a sabedes. Se non, non pasa nada! A esa hora poñeremos a segunda pista a ver se así das coa solución.
ANÍMATE A PARTICIPAR

PISTA 1 - (Infantil-1º e 2º Primaria)


PISTA 1- (3º-4º,5º e 6ºPrimaria)

-Esta novela clásica, baseada nunha lenda irlandesa, foi publicada por primeira vez no ano 1897.

CONTOS NA SEMANA SANTA

Pois sí, esta semana tamén teremos contos. Que mellor maneira de pasar as "vacacións" que escoitando ou lendo marabillosos contos!
Hoxe temos " O MOUCHO ABURRIDO" de PAULA CARBALLEIRA. Preme no mouchiño para escoitalo.




venres, 3 de abril de 2020

CONCURSO MES DO LIBRO

O 23 de abril é o día do Libro, así pois, este mes estará adicado, como non, ao LIBRO.

Dende o Equipo de Biblioteca propoñémosvos un actividade-concurso. Para  poder concursar tedes que visitar o Blog. COMEZAREMOS O LUNS 6 DE ABRIL.

Tería dúas modalidades, unha para Infantil e 1º e 2º de Primaria, e outra para 3º-4º-5º e 6º de Primaria.

MODALIDADE PARA INFANTIL-1º- E 2º DE PRIMARIA
-        Consiste en adiviñar o personaxe dun conto mediante pistas.

-        Daranse tres pistas, unha por día, que se poñerán no Blog da Biblioteca (polo que cada día teredes que visitalo)

-        As pistas consistirán nun anaco de debuxo do personaxe que hai que adiviñar.

-        Podedes dar a resposta o primeiro día, o segundo ou o terceiro, pero só podedes facelo unha vez. Se dades a resposta o primeiro día e coa segunda pista pensades que non era o personaxe, xa non poderedes cambiar a resposta. Así que, pensádeo ben!

-        Conseguiredes puntos dependendo do día no que dedes a resposta, do seguinte xeito:
o   Se a dades coa primeira pista: 5 puntos
o   Se a dades coa segunda pista: 2 puntos
o   Se a dades coa terceira pista: 1 punto

-        As pistas poñeranse sobre as 8 da tarde, e tedes ata as 8 da tarde do día seguinte para enviar a resposta antes de que se publique a seguinte pista. Se o facedes despois da publicación da seguinte pistas levaríades xa a puntuación correspondente a ese día.
-        O cuarto día publicaremos a solución e comezaremos con outro personaxe (un personaxe por semana).

-        Os tres que acaden máis puntos recibirán un premio (1º,2º e 3º)
-        Haberá tres premios para Infantil e tres para 1º e 2º.
-        Todos os participantes recibirán unha sorpresa polo seu esforzo.

-        Enviade as vosas respostas ao correo que se vos indicou nunha mensaxe privada. Non vos olvidedes de poñer o voso nome e o voso curso.


MODALIDADE PARA 3º-4º-5º e 6º DE PRIMARIA

-        Consiste en adiviñar o título dun conto, novela, cómic…actual ou clásico mediante pistas.

-        Daranse tres pistas, unha por día,  que se poñerán no Blog da Biblioteca (polo que cada día teredes que visitalo).

-         Coas pistas teredes que ir investigando na Internet a ver qué descubrides cada día. Tamén podedes preguntar aos maiores.

-        Podedes dar a resposta o primeiro día, o segundo ou o terceiro, pero só podedes facelo unha vez. Se dades a resposta o primeiro día e coa segunda pista pensades que non era ese título, xa non poderedes cambiar a resposta. Así que, pensádeo ben!

-        Conseguiredes puntos dependendo do día no que dedes a resposta, do seguinte xeito:
o   Se a dades coa primeira pista: 5 puntos
o   Se a dades coa segunda pista: 3 puntos
o   Se a dades coa terceira pista: 2 puntos
o   Se despois da terceira aínda non descubriches o título, aínda podes gañar 1 punto se polo menos descubriches o autor ( título + autor valen 6 puntos, 4 ou 3 en función da pista)

-        As pistas poñeranse sobre as 8 da tarde, e tedes ata as 8 da tarde do día seguinte para enviar a resposta antes de que se publique a seguinte pista. Se o facedes despois da publicación da seguinte pistas levaríades xa a puntuación correspondente a ese día.
-        O cuarto día publicaremos a solución e comezaremos con outro título (un título por semana).

-        Os tres que acaden máis puntos recibirán un premio (1º,2º e 3º)
-        Haberá tres premios para 3º e 4º e tres para 5º e 6º.
-        Todos os participantes recibirán unha sorpresa polo seu esforzo.

-        Enviade as vosas respostas ao correo ao correo que se vos indicou nunha mensaxe privada . Non vos olvidedes de poñer o voso nome e o voso curso.



Haberá 4 RETOS, un por cada semana que queda de mes de abril.

As pistas poñeranse os luns, martes e mércores (cada día engadirase unha pista nova á anterior), e o xoves darase a solución e os puntos parciais de cada participante.

O 30 de abril darase a solución do Reto 4 e a puntuación final, co nome dos gañadores/as.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

CONCERTO- SEGUNDA PARTE

XABI LONGUEIRÓN comparte con todos unha segunda parte do seu CONCERTO NO LAR. Preme no seu nome para desfrutar deste concerto.


REFRÁN DE ABRIL

VALERIA de 6º de Infantil enviounos un debuxo dun refrán moi propio deste mes " En abril, augas mil"
Que bonito! Moitas grazas!


xoves, 2 de abril de 2020

O CUCO

Bonito debuxo do refrán " O cuco" que nos envía CLARA de 6º de Infantil. Moitas grazas!


PANDEMIA DE CONTOS 3 + UN BECHO ESTRAÑO

Nesta mesma entrada deixámosvos os contos para hoxe.

Do colectivo NOGA, Felipe Díaz Caxoto cóntanos "O REI QUE LLE TIÑA MEDO ÁS AGULLAS" . Preme no título e poderás escoitalo.

E da editorial Kalandraka, Sara Lebedynski relátanos " Un becho estraño". Preme na portada!


mércores, 1 de abril de 2020

PANDEMIA DE CONTOS 2

Para comezar ben o mes do libro, tamén hoxe vos queremos deixar outra historia cantada- contada por VANESSA, do grupo Trinke Trinke. Premede no seu nome e disfrutaredes desta marabillosa historia.

LAS TRES PRINCESAS PÁLIDAS

Deixámosvos o enlace  a outra fermosa historia da Editorial Kalandraka, que nos narra María José Martín ( Ajo), a autora do libro e  cuxas ilustracións pertencen a Carole Hénaff.
Preme na portada e poderás escoitalo.


A PRIMAVERA

Hoxe recibimos o precioso debuxo de DIMAS de Infantil,  sobre o poema "A Primavera". Moitas grazas!