domingo, 21 de decembro de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 

NADAL DE CINE E LECTURAS

CADERNO VIAXEIRO

4º PRIMARIA

JAIME, STACY, ZAIRA, TERE

                   

mércores, 10 de decembro de 2025

 BIBLIOTECA HUMANA

Para celebrar o día da Constitución recibimos a visita de Juan Manuel Rodríguez García, alcalde de Cerceda.

Juan Manuel respostou como decote con moito agarimo e dun xeito moi ilustrativo, ás preguntas formuladas pola rapazada de 3º e 4º de primaria.

                          


CADERNO VIAXEIRO
PEDRO
3º PRIMARIA
               

sábado, 6 de decembro de 2025

AS FAMILIAS CONTAN MOITO

María a mamá de Marina e Luca veu a Bibliosilva con Sara Aramburu, a autora do libro "Darío".  

                      

xoves, 4 de decembro de 2025

sábado, 29 de novembro de 2025

 PALABRA DO ANO 2025

Atendendo á petición da RAG  e a Fundación Barrié, a rapazada  de 6º de infantil (coa axuda das súas familias) púxose "mans á palabra" para participar na elección da PALABRA DO ANO 2025. A do ano pasado foi CANTAREIRAS e menudas alegrías nos dou a toda a comunidade educativa do Celso Emilio Ferreiro.

A ver se este ano sae algunha das palabras propostas por estas alumnas.                    

                 

domingo, 23 de novembro de 2025

 AS FAMILIAS CONTAN MOITO

Mar, a nai de Mariña e Minia foi a primeira en participar na actividade "As familias contan moito". Estivo na Bibliosilva para contarnos tres contos. Cando marchou, deixounos de agasallo un dos libros que contou. 

Quedamos moi agradecidos por poder engadir ao fondo da nosa biblioteca  un libro que non tiñamos.

             

CADERNO VIAXEIRO
LARA, HUGO, SOFÍA
6º INFANTIL


             

CADERNO VIAXEIRO
ARTAI, MATEO, SOFÍA
2º PRIMARIA

              

CADERNO VIAXEIRO
AINARA 
3º PRIMARIA

             

domingo, 16 de novembro de 2025

 MIGALLAS TEATRO

O curso pasado o noso cole foi o gañador do Concurso de Carteis das Letras Galegas. 

O premio que nos deron foi económico. Empregamos unha parte dos cartiños  en contratar a Migallas Teatro. Carlos e María viñeron ao cole co seu espectáculo: Brincadeiras da Lingua. 

Pasámolo moi ben con  estes fantásticos artistas. 


Ao rematar a actuación de Migallas, fixemos entrega dos agasallos aos finalistas e gañador do II Concurso de Logos do PDI.

Foron finalistas Ezequiel de 6º de primaria e Julen de 4º de infantil (Julen non quixo saír na foto e recolleu o  agasallo Brais, o seu profe)

O gañador do concurso foi Dimas de 6º de primaria.



Aquí temos a Julen o outro finalista. Ao final animouse e deixouse fotografar co seu logo.






domingo, 9 de novembro de 2025

 BIBLIOTECA HUMANA

XOSÉ RIVERA

FOTÓGRAFO

A de fotógrafo é unha profesión que está moi relacionada co cine. Como estamos moi interesados en coñecer cousas sobre esa temática, recibimos na Bibliosilva ao fotógrafo Xosé Rivera. O primeiro vídeo é un resumo do día que nos acompañou, día no que nos fotografou no patio cunha lata de galletas.

O segundo vídeo elaborado por Xosé Rivera, titúlase "Historia da fotografía" . É super interesante.



MOCHILA  VIAXEIRA
3º PRIMARIA
BLANCA

xoves, 6 de novembro de 2025

 II CONCURSO DE LOGOS DO PDI

Este curso o PDI vai de cine, co título: Luces, cámara, emoción. Este título é o que debían incluír os participantes no II Concurso de Logos do PDI. O xurado tíñao difícil: escoller entre 53 logos achegados poLa rapazada do cole.  Pasou algo moi curioso en primaria: en 4º  participou todo o alumnado e en 5º solo se atreveu unha nena. 

O logo gañador foi o de Dimas, de 6º de primaria, que recibirá en breve os seus agasallos. Os logos de Julen de 4º de infantil e o de Ezequiel de 6º de primaria, tamén recibirán outro. E todos os participantes levarán o seu correspondente diploma de agradecemento. 

Sodes uns verdadeiros artistas. Parabéns!!

domingo, 26 de outubro de 2025

 24 de outubro

Día das bibliotecas

O venres 24 celebramos por todo o alto o día das bibliotecas. A rapazada de infantil, primeiro e segundo ciclos de primaria xuntámonos no ximnasio (porque non nos chegaba o espazo da biblioteca) para disfrutar co rato Fuco, que chegou dende Lonxedetodo para agasallarnos con contos, cancións e xogos musicais. 

             

martes, 21 de outubro de 2025

 MOCHILA VIAXEIRA

AINARA ALONSO

3º PRIMARIA

Ainara Alonso de 3º de primaria levou á casa a mochila viaxeira. E de volta trouxo información importante no caderno viaxeiro:

luns, 6 de outubro de 2025

 OUTUBRO NA BIBLIO

Empezamos outubro con unha morea de novidades.  

Silviña escribiunos  cartas para presentarnos a súa amiga que tamén se chama Silviña. E para contarnos sobre o PDI do presente curso.




Noa e Sira, axudantes da biblio, foron polas respectivas aulas repartindo as cartas de Silviña



Mercamos libros novos  para todas as idades. Repartímolos en dúas cestas para disfrutalos nas titorías.




Por cortesía de La Voz de Galicia, dende o mércores 1 de outubro e ata finais de maio, coincidindo coa publicación do suplemento "La voz de la escuela" recibiremos no cole varios exemplares do xornal.


Preparamos os fondos   e os  cadernos viaxeiros para empezar a súa viaxe polas casas de todo o alumnado.




Aló van  os  axudantes da biblio de 6º de primaria (Nico, Izan, Dimas, Valeria, Noa, Clara, Katia, Sira)a  repartir polas aulas as mochilas viaxeiras.



Empezamos coas sesións de conta contos por todo o alto. Ánxela, a mestra de infantil en prácticas, cantou e contou para a rapazada de 1ª, 2ª e 3ª de primaria o conto: Marceliña na cociña




RETO CINE
Silviña e a súa amiga Silviña propoñen un reto cine de outono para a rapazada de infantil e primaria 



luns, 23 de xuño de 2025

PUNTO FINAL

Rematamos o curso 2024/2025. Foi un curso moi especial. Despedímosnos ata setembro con  recomendacións lectoras para o verán. 

E con dous vídeos de resumo do que deu de sí o Proxecto Documental Integrado da Intelixencia Artística.

xoves, 19 de xuño de 2025

 O LOBO FELIZ

Miguel Guido, autor do libro "O Lobo Feliz", visitou a Bibliosilva. 

o libro ensínanos cousas moi importantes.

 No seguinte vídeo deixamos un resumo do ben que o pasamos co lobo feliz.

                                      
ATA SEMPRE!!
Despedimos aos voluntarios da biblioteca. Doce rapazas e rapaces de 6º de primaria que estiveron todo o curso colaborando no traballo. Ata foron autores e ilustradores dun libro para primeiros lectores: "O lobo Xamón". Xa son famosos no Celso Emilio, pero quen sabe ata onde chegarán...
Mil gracias Nerea, Camila, Aitana, Alicia, Marta, Lara, Daniela, Noa Costa, Noa González, Dayan, Manu Regueiro e Manu Bermúdez.

AS FAMILIAS CONTAN MOITO

Como estamos moi agradecidos ás familias que participaron na actividade "As familias contan moito", agasallámolos con unhas bolsas de recordo.

PASAPORTE LECTOR
Alumnas e alumnos do 2º ciclo de primaria participaron nun pasaporte lector. Cada mes tocou ler un libro dunha determinada temática. Deste xeito leron libros de banda deseñada, poesía, humor, misterio, escrito por mulleres e clásicos. Cando remataron de encher o pasaporte celebramos unha pequena merenda.


Intercambio de  relatos co CPI O Cruce
Para celebrar o mes do libro, as letras galegas e homenaxear a poesía popular oral, intercambiamos relatos co outro cole do noso concello. Os relatos empezaban: "As rapaciñas da Vila..."



FACENDO BIBLIOTECA