domingo, 19 de xaneiro de 2025

 AS FAMILIAS CONTAN MOITO

O venres 17 de xaneiro, veu á biblioteca Mar, a mamá de Mariña e Minia. Mar foi antigua alumna do Celso Emilio e achegouse a contar dous contos a infantil e primeiro ciclo de primaria. 

Mar escribiu fermosas palabras no libro de visitas da Bibliosilva.  Estamos moi agradecidos e orgullosos coa participación das familias nestas sesións de contar contos. Son moi motivadoras para o alumnado e axudan a tecer comunidade educativa.

Mil gracias a todos os que xa viñeron e aos que aínda están por vir.

                

sábado, 11 de xaneiro de 2025

 eduCANdo con Malibú

Onte recibimos na biblioteca  a Verónica  da Casa Grande de Xanceda. Trouxo con ela a Malibú, un canciño abandonado, que adoptaron e que vive na Casa Grande. 

             

sábado, 21 de decembro de 2024

 RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

AS FAMILIAS CONTAN MOITO

Chegando ao fin do primeiro trimestre, tivemos a primeira sesión da actividade: as familias contan moito. Cristina, a mamá de Valentina contounos dous contos. Encantáronnos, como sempre.

             

CADERNO VIAXEIRO
PABLO, MATEO, IZAN, LUKA, SOFÍA
5º/6º INFANTIL

              

CADERNO VIAXEIRO
TERE, PAULO, JORGE, AIMAR
3º PRIMARIA
              
CADERNO VIAXEIRO
AINARA
2º PRIMARIA
              
CADERNO VIAXEIRO
MARTINA, NOA, MARIÑA, LUCA
4º/5º INFANTIL
             









xoves, 5 de decembro de 2024

BIBLIOTECA HUMANA

A véspera do día da Constitución recibimos na Bibliosilva a Juan Manuel Rodríguez García, alcalde de Cerceda. 


 CADERNO VIAXEIRO

2º PRIMARIA

             



             

domingo, 17 de novembro de 2024

venres, 25 de outubro de 2024

xoves, 24 de outubro de 2024

OUTONO NA BIBLIO

O luns 21 celebramos unha sesión de lectura e familias con Charo Pita. Disfrutamos moito cos seus contos cantados e contados.

O xoves 24, día das bibliotecas visitounos César Freiría de Cé Orquestra Pantasma. Trouxo unha morea de xogos e xoguetes tradicionais cos que nos divertimos moito. Tamén nos ensinou a facer curuxas e cucos con bugallos e melodías con follas de hedra. 


               

venres, 11 de outubro de 2024

 MOCHILAS VIAXEIRAS

IA (Intelixencia Artística) é o tema do proxecto documental integrado (PDI) do curso 2024/25. O día das letras galegas de maio de 2025 estará adicado ás cantareiras galegas, entre elas Adolfina e Rosa Casás, dúas veciñas do noso concello de Cerceda. Boa intelixencia artística e creadora lles fixo falta no seu tempo ás dúas mulleres para argallar e interpretar músicas e cantigas. 

Saen as mochilas viaxeiras ás casas da rapazada do cole. O seu variado contido quere encher a intelixencia artística de todas e todos. Desexamos  que o caderno viaxeiro que acompaña a cada mochila volva cargadiño de creatividade.



Os axudantes da biblioteca ( Noa, Nerea, Daniela, Tatiana, Noa, Marta, Dayan, Manu, Manuel, Lara e Alicia) empezan con bo pe a súa primeira tarefa do curso: o reparto das mochilas nas aulas de infantil e primaria.



FELIZ VIAXE E BOAS LECTURAS!1

mércores, 11 de setembro de 2024

ESTAMOS DE VOLTA!!

Este curso dende a biblioteca imos botar o cole pola ventana, e argallar moito, moito na Intelixencia Artística (sen esquencer por suposto a Intelixencia Artificial)
Con este vídeo de mostra empezamos a conta atrás:

               


venres, 21 de xuño de 2024

  O verán xa está aquí.   Abride portas e fiestras e deixade entrar aire fresco e sol. É un bo momento para remollarse no río, no mar ou no aquapark. Tamén para disfrutar das aventuras coas familias e coas amizades, das festas e das orquestas. As pantallas deixádeas a un lado porque chamuscan as ideas. Dádelle oportunidade a un libro refrescante.

FELIZ VERÁN E FELICES LECTURAS!!