xoves, 25 de abril de 2019

MERCADIÑO SOLIDARIO

Coincidindo coa celebración do Día do Libro, abrimos o mercadiño solidario. Está sendo todo un éxito !
Non tardes moito , que se acaban !!!!












martes, 23 de abril de 2019

FELIZ DÍA DO LIBRO !

Un máis celebramos o Día do Libro. E que mellor forma de facelo que gozando dunha boa lectura e, se ademais a fan os compañeiros mellor  que mellor!
Pincha na imaxe e poderás ver as fotos las Lecturas Apadriñadas de hoxe.

Ademais dende o Concello fixéronnos entrega dun fermoso libro que leremos con moito cariño. Moitas grazas!




mércores, 10 de abril de 2019

A FAMILIA DE LARA CONTA ...

O avó de Lara ten abellas. Por iso o conto que nos relatou, xunto coa súa mamá e o seu irmán Pedro, trataba dun oso que quería ser abella: " El abejoso".
Ademais ensináronnos un bote de mel e regaláronnos un globo para que puideramos facer unha abella coma a de Pedro.
Moitas grazas aos tres!


mércores, 3 de abril de 2019

QUE PASARÍA SE . . . ?

Coñecedes a técnica de Gianni Rodari denominada "Que pasaría se...?", un personaxe determinado se colara no noso conto.

Pois a proposta de Silviña desta vez é elaborar un Libro Viaxeiro  a partir desta pregunta.

Para iso fixo pasar polas aulas unha bolsa máxica con distintas personaxes. Cada aula elexiu un ao azar, e a partir desa personaxe elaborarán un pequeno relato co seu conto do Proxecto de Biblioteca.

Nesta imaxe tedes un exemplo.

Os alumnos de 1º curso sacaron unha personaxe e tocoulles... O home-lobo. Agora terán que facer un pequeno relato imaxinando qué pasaría se un home-lobo se cola no conto do Libro da Selva.
Estamos desexando ver o que acontece con cada conto!