xoves, 20 de setembro de 2012


COMEZA A AVENTURA!


Hola amigos:

Este verano, cando marchastes de vacacións e quedei so, collín un dos marabillosos libros que temos na Biblioteca. Era un libro que amosaba cousas interesantes de distintos países. Dinme conta de que non coñecía ningún lugar máis que a Biblioteca do noso cole. Nese momento pensei que tiña que viaxar.

Como non sabía a onde podía ir, seguín buscando noutros  libros  e , despois de ler moito e  ver moitas fotos, decidín que tiña que percorrer os distintos continentes, xa que en cada un deles hai lugares fantásticos e interesantes.

Así que, queridos raparigos, VOUME DE VIAXE!

Segundo vaia chegando aos distintos lugares, mandareivos información deles, para que vós tamén coñezades os sitios tan bonitos que existen no mundo.

Antes de marchar quero pedirvos un favor: adornade un ano máis as portas do cole con motivos dos distintos continentes, así saberedes mellor por onde me atopo. E non vos olvidedes da Biblioteca: imaxinade cantos medios de transporte podo utilizar!

Eu poreime en contacto con vós a través do Blog.

                         Unha aperta

                                                                       Buluchi


xoves, 6 de setembro de 2012