martes, 31 de marzo de 2020

PANDEMIA DE CONTOS 1

O Colectivo NOGA (de Narración Oral Galega) está a compartir uns contos para levar mellor o #euquedonacasa. Iremos poñendo algúns deles para que os poidades desfrutar.
Hoxe temos o primeiro de Atenea García, que nos conta a historia "Pelostortos". Preme no título para escoitalo.

El POLLITO DE LA AVELLANEDA

A editorial Kalandraka pon o seu gran de area para facernos máis levadeiros este días. Lanzou unha campaña audiovisual chamada "Cuentos contados" coa que podemos seguir disfrutando de fantásticas historias  e que, á nosa volta, poderás atopar  na BiblioSilva.
Hoxe deixámosvos " El pollito de la avellaneda" contado por Bea Campos, unha adaptación do conto popular de Antonio Rubio ilustrado por Gabriel Pacheco. Preme na portada para poder escoitalo e...a disfrutar!


luns, 30 de marzo de 2020

SEGUIMOS COA POESÍA

Hoxe enviáronnos as súas aportacións para o mes da poesía Patricia de 2º curso e Antón de Infantil.

PATRICIA enviounos un video cun refrán. Se pinchas no seu nome poderás velo.

ANTÓN mándanos un fantástico debuxo do poema "Plantamos a horta".



Moitas grazas ao dous!

venres, 27 de marzo de 2020

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Comezamos a recibir os primeiros poemas. Zaira e Noa Costa envíannos un vídeo no que Noa recita o poema de Rosalía de Castro "Adiós ríos, adiós fontes" acompañada de Zaira que fixo un fantástico debuxo do mesmo. Se premedes no debuxo podedes ver o vídeo.

Engadimos aquí tamén o vídeo de OLIVIA, xa que nos deleitou cun anaquiño do mesmo poema. Pinchade no seu nome para velo.


Moitas grazas pola vosa colaboración. Fixéstelo xenial!


CONCERTO

Séguennos a chegar colaboracións para que poidades desfrutar .
Hoxe foi o magnífico Xabi Longueirón, que nos visitou hai pouco no cole, o que nos envía un vídeo-concerto dende a súa casa. Moitas gracias pola túa colaboración nestes momentos nos que precisamos entreternos  máis que nunca. Esperamos volver a verte pronto!

xoves, 26 de marzo de 2020

ELENA EN CUARENTENA

Queremos compartir con vós  un fermoso e animador conto de Natalia Manchón e Beatriz Canseco, que ademáis nos da fantásticas ideas para combatir o aburrimento.
Premede na imaxe do principio e poderedes velo.

OS ANIMAIS DO MAR, POR CHARO PITA

Hoxe a marabillosa Charo Pita enviounos un enlace a un dos seus  fermosos contos para que puideramos compartilo con todos vós. Esperamos que pasedes un bo momento.
MOITAS GRAZAS POLA TÚA APORTACIÓN !


domingo, 22 de marzo de 2020

SEGUIMOS AQUÍ !

       Queridas nenas, queridos nenos, queridas familias:

Ao igual que todos vos, eu tamén quedo na biblioteca, que é a miña casiña, esperando que nos volvamos ver o mais pronto posible.

No cole iamos facer unhas actividades para conmemorar o día da poesía e o día da auga. E como por agora aínda tendes que estar na casa e eu estou aquí soíña na BILIOSILVA, propóñovos as seguintes para que as fagades na vosa casiña:

-      Para PRIMARIA(opcional para Primeiro curso, que poden elexir esta actividade ou a de Infantil): Suxírovos que busquedes na Internet ou nalgún libro que teñades por casa, e incluso preguntándolle aos vosos maiores, algún poema da temática que queirades: a auga, a primavera, a amizade... o que máis vos guste! Non ten que ser moi longo, incluso pode ter unha sola estrofa. Lédeo varias veces coa entoación axeitada dun poema. Cando vos saia ben, gravádelo co ordenador ou co teléfono móbil dos vosos maiores, e enviádelo ao correo do cole poñendo o voso curso e o voso nome: ceip.celso.emilio.ferreiro@edu.xunta.es

Con todos os poemas recibidos faremos unha recompilación e poñerémolos no blog  para que todos os poidades escoitar.

-      Para os alumnos de INFANTIL  (e/ou PRIMEIRO): Pedídelle aos vosos maiores que vos lean un versiño ou incluso que vos digan algún refrán e despois facedes un debuxo ben bonito sobre o mesmo, sacádeslle unha foto e enviádela ao correo do cole, tamén co voso nome e o voso curso.

-      Tedes como data tope para enviar as vosas aportacións ATA O VENRES 27 DE MARZO.

Por suposto, esta é unha actividade VOLUNTARIA, pero que nos servirá para seguir aprendendo mentres disfrutamos da lectura e para estar en contacto.

Aproveitade para ver a Páxina Web do cole e o Blog da Biblioteca. Poderedes recordar todas as actividades que fixestes este curso e os pasados.

Na marxe esquerda do Blog tedes enlaces para non deixar de ler e aprender. Nos enlaces PORTAL DAS PALABRAS E DÍGOCHO EU, podedes aprender moitas cousas da nosa fermosa Lingua Galega. Na BIBILOTECA DIXITAL e en CONTOS CORTOS tedes fantásticas historias axeitadas a cada idade. E para os máis maiores, no KIOSKO atoparedes xornais de todo tipo e de tódolos países.

E permanecede atentos ao Blog, porque en breve teremos máis actividades para nos divertir. MOITAS GRAZAS POLO VOSO ESFORZO! 

P.D: Por favor,  nestes días tan diferentes para todos e cada un de vos , axudade moito ás vosas familias e non vos esquezades de que cada día que pasa é un día menos para que nos vexamos de novo.
                                                                                 





mércores, 11 de marzo de 2020

SEMANA DA PRENSA

Queremos compartir con vós este material que atopamos sobre a prensa, e cuxa autora é Isabel Bermejo. Esperamos que vos sirva.


Publish at Calameo

Fonte: Lapicero mágico. Autora: Isabel Bermejo

luns, 9 de marzo de 2020

8 DE MARZO- DÍA DA MULLER

Este video foi realizado coa colaboración das alumnas de Primaria para conmemorar esta data.




( Fonte: " La criatura creativa"- Autor das letras Manu Arranz (7codos)- Imaxes Google)

mércores, 4 de marzo de 2020

MULTIEXPO


Este mes temos unha exposición cunha selección de libros moi variada, xa que temos varias celebracións: mes da poesía, día da muller traballadora, día das matemáticas, día da auga e semana da prensa.

A disfrutala!