venres, 30 de novembro de 2018

EXPONADAL



Non deixedes de pasar pola biblioteca este Nadal. Xa temos a nova exposición de libros que poderedes disfrutar ao longo do mes de decembro.

A FAMILIA DE VALERIA CONTA

Esta semana tivemos dobre visita: Cristina e Sofía, a mamá e a irmá pequena de Valeria.
Cristina contounos "Burbullas", o conto preferido de Valeria. E sabedes por que é o que máis lle gusta? Pois porque llo regalaron os seus tíos de Suíza e ademais a protagonista do conto chámase tamén Valeria, e coma ela, ten unha tartaruga.



 Cristina e Sofía tamén trouxeron á súa tartaruga, que ten 12 anos! Poidemos verlle a cabeciña e as patas, e tocarlle un pouco a cuncha, pero con moito coidado, porque morde!
Moitas grazas por outra xornada fantástica!

luns, 26 de novembro de 2018

A FAMILIA DE MARIO CONTA

 Este venres os nosos pequenos volveron disfrutar dun fantástico contacontos. Esta vez da man da mamá de Mario. E ademais por partida dobre!
Moitas grazas pola túa visita e por facernos pasar un momento tan marabilloso e entretido!







xoves, 22 de novembro de 2018

TURRÓN VIAXEIRO

 O libro de receitas "Galletas e bocadiños" segue a facer felices as bocas dos nenos e nenas de 5º ( e da súa titora!).
Nesta ocasión, Brais abraiounos cun marabilloso turrón de chocolate con abelás que estaba para chupar os dedos!!
Grazas mil a Brais e á súa familia e tomamos nota para este Nadal!



luns, 12 de novembro de 2018

Contacontos





Hoxe luns na hora do recreo, os axudantes da biblioteca Brais, Martin, Yago, Alba, Celia, Carla e Antía agasallaron aos nenos de Infantil cun conto inventado por eles: Conto da Bruxa.
Traballaron moitísimo e quedoulles fantástico.
Parabéns  e graciñas!



Portas 2018

Neste vídeo podedes ver a decoración das portas deste ano. Quedaron preciosas!