luns, 29 de outubro de 2018

A FAMILIA DE ANTÓN CONTA


A que sabe a Lúa?  Nós xa o sabemos!!!, gracias a Eva e a Alfonso, os papás de Antón, que nos contaron esta fantástica historia e nos deron a probar un anaquiño de Lúa.

 Encantounos!

Moitas grazas!



mércores, 24 de outubro de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Xa temos nova mascota! Que mellor data que o Día da Biblioteca para dala a coñecer.
Houbo dúas gañadoras. Helena de 3º curso ganou o premio ao debuxo e Antía de 6º ao nome ( aínda que co seu permiso, fixémoslle un cambio)

Presentámosvos a: SILVIÑA








Ademais recibimos a visita de Charo Pita, que nos fixo pasar uns momentos moi agradables cos seus fantásticos contos. Foi a primeira en estrenar o CADERNO DE VISITAS da BIBLIOSILVA. 
Moitas grazas!








domingo, 21 de outubro de 2018

RECEITAS VIAXEIRAS

Seguen a chegar á clase de 5º receitas viaxeiras sacadas do libro "Galletas y bocaditos". Nesta ocasión as mans reposteiras foron as de Alba, que preparou unhas galletas de café saborosísimas que nos adozaron a mañá.

 Mil grazas a Alba e á súa familia e parabéns polo traballo!



martes, 16 de outubro de 2018

XA TEMOS MASCOTA!

O xurado tivo moi difícil a elección da nova mascota. Eran todas moi fermosas!
Agradecemos a vosa participación e a axuda das vosas familias.
Pero ... aínda teredes que esperar ata o día 24 (Día da Biblioteca Escolar) para saber cal será a nova mascota da biblioteca.
Mestres, deixámosvos os debuxos de tódolos participantes para que poidades facer as vosas apostas. A ver se acertades!


 






mércores, 10 de outubro de 2018

COUSIÑAS DE PAPEL

Dimas, de Infantil 4 Anos, fixo unhas magníficas manualidades de papel a partir do conto que levou na mochila viaxeira: Fago cousas con papel.

Quedáronlle preciosas!



domingo, 7 de outubro de 2018

EXPOCLÁSICOS

Os clásicos nunca pasan de moda! Gracias á colaboración das familias, estes días estamos a disfrutar dunha gran selección de contos clásicos. Achegádevos a vela e, o máis importante, a disfrutala lendo os magníficos contos que temos.


UNHA BIBLIOTECA PARA TODOS!



mércores, 3 de outubro de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS MOI DOCES!!!


As mochilas viaxeiras partiron onte cara as casas dos nosos nenos e nenas e hoxe mesmo xa comezaron a dar os seus froitos... Yago García (5º), xunto coa súa familia, non puido resistirse a facer unha das receitas do libro "Galletas y bocaditos" que levaba na mochila e, o mellor de todo, quixo compartila cos seus compañeiros e mestras!!! Un brownie delicioso, Yago. Moitos parabéns e moitísimas grazas!



luns, 1 de outubro de 2018

XUBILACIÓN!!!

No mes de setembro Buluchi enviounos esta carta:


Queridas nenas, queridos nenos:

Son Buluchi, a mascota da vosa biblioteca. Teño que anunciarvos unha nova moi importante: xubílome!!!

Dende o curso 2012/13 vivín con vós momentos inesquecibles e experiencias formidables: percorrín o mundo, aprendín moreas de cousas sobre os oficios, fixen unha viaxe no tempo a través da historia, coñecín os irmáns Grimm e os libros que escribiron, souben cousas moi interesantes sobre as sete marabillas do mundo …

Voume supermegafeliz de ter compartido tantos cursos con todos vós. Agora apetéceme  facer cousiñas novas que teño pendentes e que me fan moita ilusión.

 Pero resulta que os mestres encargados da biblioteca, precisan outra mascota que lles axude no seu traballo. Acordaron facer un concurso entre todas as nenas e nenos do colexio. Por iso, e coa axuda das vosas familias, pídenvos que deseñedes unha mascota para a biblioteca e que tamén pensedes nun nome para ela.

 O gañador ou gañadora do concurso terá un premio sorpresa que recibirá o día 24 de outubro, día dedicado ás bibliotecas escolares. Tendes de prazo para entregar os traballos aos vosos titores ata o día 15 de outubro. O día 16, reunirase o xurado e decidirá o gañador ou gañadora, tanto da mascota como do nome (que non teñen porqué coincidir).
Anímovos a que participedes. Pedídelles ás vosas familias que vos axuden: así vai a saírvos unha mascota ben xeitosa.
Moita sorte!!!



PD: calquera día volvo para facervos unha visita e contarvos á que me dedico.


Así que, non vos esquezades: PRECISAMOS OUTRA MASCOTA!!! Tedes aínda ato o dia 15 de outubro