sábado, 18 de decembro de 2021

MOCHILA VIAXEIRA

DANIELA 5º PRIMARIA

A aportación de Daniela foi breve. Como non podía de ser doutro xeito, gustoulle o libro de xogar e crear reciclando. Ademais de debuxar barcos de papel, ben puido construír un...  

GRACIÑAS DANIELA



venres, 17 de decembro de 2021

MOCHILA VIAXEIRA- SIRA-2º CURSO

 Que bolso máis precioso fixo Sira! Ademais, inspirada no libro de receitas, envíanos unha nova para que probemos. Xa podes comezar a escribir o teu propio libro! Graciñas!







martes, 14 de decembro de 2021

domingo, 12 de decembro de 2021

 RECOMENDACIÓN

5º/6º INFANTIL

Na biblioteca temos este marabilloso libro que nos anima a poñer en marcha a nosa imaxinación e convertir unha caixa nunha morea de cousas.

A rapazada de 5ºe 6º de infantil tamén puxo en marcha o seu maxín e dun xeito fantástico debuxaron o que pode ser para eles unha caixa. 

                

GRACIÑAS RAPACES POR TAN ORIXINAL RECOMENDACIÓN!!

martes, 7 de decembro de 2021

BIBLIOTECA HUMANA 

CONMEMORACIÓN CONSTITUCIÓN/ESTATUTO DE AUTONOMÍA


O venres 3 de decembro estivemos de festa na Bibliosilva. Copiamos a idea das bibliotecas humanas nacidas no 2000 en Dinamarca, invitando a Juan Manuel Rodríguez García, o alcalde de Cerceda.

De xeito desinteresado visitounos para parlamentar coa rapazada de 5º/6º de primaria sobre asuntos importantes do seu traballo, e como non, para explicarnos a importancia da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía.



 O equipo da televisión de Cerceda fixo unha reportaxe do acto. Se queredes velo, empeza sobre o minuto 10

Juan Manuel deixounos unha fantástica dedicatoria no libro de visitas da nosa biblioteca

                                     


GRACIÑAS POR TODO, SEÑOR ALCALDE!!!



luns, 6 de decembro de 2021

venres, 3 de decembro de 2021

MOCHILA VIAXEIRA- 2º CURSO-KATIA

 Encántanos ver cómo aprendedes e disfrutades dos libros da Mochila Viaxeira. Gracias Katia por amosarnos  as cousas novas que descubriches!!!




martes, 30 de novembro de 2021

 MOCHILAS VIAXEIRAS

4º/5º PRIMARIA











 APRENDICES DE REPORTEIROS E XORNALISTAS


A rapazada de 5º e 6º de infantil andiveron enredando co xornal. Atoparon unha nova sobre unha  vaca preñada que estivo atrapada catro días. Pensaron no seu titular para a nova e puxéronse a debuxar á pobre vaca. 

A continuación deixámosvos o resultado:



domingo, 28 de novembro de 2021


RECOMENDACIÓN



Como andamos a voltas co tema do medio ambiente, mercamos para a Bibliosilva este fantástico libro que nos anima a convertir un pau no que queiramos


Alumnas e alumnos de 5º/6º de infantil deixaron voar a súa imaxinación e crearon de todo con uns poucos paus. O que farían si tivesen máis... 


 MOI BEN RAPACES!!!
ESTO SI QUE É COIDAR O MEDIO AMBIENTE!!!

xoves, 25 de novembro de 2021

venres, 19 de novembro de 2021

martes, 9 de novembro de 2021

luns, 8 de novembro de 2021

PATACAS DE PESADELO


A rapazada de 5º/6º de infantil xa LEN na prensa. Prensa que recibimos todos os mércores e que está á nosa disposición na Bibliosilva.
Entre todos e a partires dunha noticia, fixeron este fantástico traballo.

MENUDOS ARTISTAS!!






PATACAS DE PESADELO - Kizoa Movie Maker

MOCHILA VIAXEIRA- 2º CURSO-CLARA

 Seguimos a recibir traballiños das mochilas viaxeiras. Desta vez Clara amósanos dúas das actividades que fixo coa súa familia. Moitas gracias!





venres, 5 de novembro de 2021

 PREGUNTA VIAXEIRA DE OUTONO

Na Bibliosilva disfrutamos do  xornal O Papagaio. No número de outubro, Mr. Lupo facía unha pregunta ben interesante: 

Coa chegada do outono os patios énchense de follas e os ourizos de castañas...  Que podemos facer?

Velaí van algunhas respostas:


A aula de 4º/5º de primaria, propuxo transformar as follas en bolboretas



Na aula de 4º/5º de infantil fixeron maxia e converteron as follas en pantasmas de samain e en disfraces de outono


 





A rapazada de 2º de primaria púxose a pensar e propuxo:

- xogar ao 4 en raia cos ourizos e as follas
- facer bonecos con ourizos e follas
- facer todo tipo de manualidades con follas e ourizos


Na aula de 5º/6º de infantil decidiron debuxar o patio no outono:








luns, 1 de novembro de 2021

QUÉ LLE PASA AO PLANETA?

Parece que o planeta ten unha enfermidade. Precisamos coidalo con pequenos xestos que xuntos farán grandes cousas.


martes, 26 de outubro de 2021

luns, 25 de outubro de 2021

MOCHILA VIAXEIRA -2º CURSO-EZEQUIEL

 As mochilas comezan a dar o seu froito! Ezequiel, xunto coa súa familia, fixo unha fermosa caixa de panos con material de reciclaxe e...unhas galletas que tiñan unha pinta...!!!😋😋