venres, 31 de xaneiro de 2020

A FAMILIA DE ANTÓN CONTA

Sempre nos dá moita alegría recibir ás mamás e papás, pero estamos moi felices de recibir tamén ás avoas e avós.
Desta vez foi a avoa de Antón a que se animou a lernos un conto. Moitas gracias por visitarnos!
Esperamos que anime a outros avós e avoas a vir, non só a lernos un libro, tamén a contarnos fantásticas historias e experiencias de cando eles eran nenos.





luns, 13 de xaneiro de 2020

EXPOPAZ ! !

Mes de xaneiro, mes da Paz! Pasade pola biblioteca, xa temos preparada a nova exposición!





mércores, 8 de xaneiro de 2020

QUEN É QUEN ?

Partindo do proxecto AlimentArte, os alumnos e alumnas de 3 e 4 anos de Infantil elaboraron este fantástico libro para aprender a comer sano, coñecer o nome de froitas, o seu propio nome...
Quedoulles precioso !