venres, 21 de marzo de 2014

LECTURAS APADRIÑADAS-II

NOVO ÉXITO DAS LECTURAS APADRIÑADAS! Onte celebramos a segunda sesión , e novamente os nosos rapaces disfrutaron moito. Agora os maiores xa teñen máis experiencia e saben mellor cómo transmitir o conto ós máis pequenos. Unha vez máis foi magnífico. Noraboa!


   

  

venres, 14 de marzo de 2014

SEMANA DA PRENSA









Ó longo desta semana estivemos celebrando a semana da prensa. Os nosos rapaces convertíronse en xornalistas. Cada un elexiu o tipo de noticia que quería escribir, algunhas reais e outras inventadas, e puxemos un taboleiro coas novas escritas. Están feitos uns grandes escritores!