xoves, 21 de novembro de 2013

TERMÓMETRO LECTOR

 



DECORACIÓN DAS PORTAS E DA BIBLIOTECA

Xa temos a decoración das nosas portas e da biblioteca rematada. Cada clase referiuse á profesión ou profesión que lles tocou:

Infantil: Cociñeiros
1º Curso: Chapuzas e manitas
2º Curso: Sanidade
3º Curso: Artistas
4º Curso: Gandería e agricultura
5º Curso: Artesáns
6º Curso: Comercio

mércores, 20 de novembro de 2013

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DO NENO

Hoxe conmemórase o Día Universal dos Dereitos do neno.  A Asamblea das Nacións Unidas recomendou que se establecera una data  común para tódolos países, aínda que despois cada goberno puidera fixar unha data para a súa celebración, por iso cada país o celebra nunha data e nun xeito distinto. Así, España fixou esta data no 15 de abril. Como data común fixouse o día de hoxe: 20 de novembro.
Destínase este día para promover actividades destinadas ó benestar e ós dereitos do neno no mundo.
Tedes aquí un vídeo onde podedes ver os dereitos do neno.

xoves, 24 de outubro de 2013


                                         Carla  Ramilo- 2º Curso de Educación Primaria


mércores, 23 de outubro de 2013

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR


O xoves 24 de outubro conmemoramos o día da Biblioteca Escolar. Animámosvos unha vez máis a que vos acheguedes á nosa biblioteca para poder ler algún dos marabillosos libros que temos.

Se queredes, e seguindo o lema do cartel, podedes ler algún libro de Ciencia. Podémosvos recomendar (entre outros) algún como:
-Luz y sonido.
- Mi primer Larousse de Ciencias.
- Materiales.
- Inventos: Inventores e inventos xeniais.
- Hombre y máquinas.
- ¿Sabes cómo funciona?
- Experimentos fáciles y divertidos.
- Había una vez una gota de lluvia.


venres, 18 de outubro de 2013

UNHA MAÑÁ CON XOSÉ NEIRA VILAS

AS NOSAS IMPRESIÓNS
 Gustoume moito coñecer a un escritor coma Xosé Neira Vilas, porque loitou moito. Quería ser músico pero acabou de escritor. Fixo 50 libros. Escribiu "Memorias dun neno labrego" en 3 meses e medio. É un home chistosillo. Gustáronme moito os libros del porque os expresou coma na súa vida real.       Iván Pereira

Xosé Neira Vilas é moi simpático e moi falador. Gustoume que algunhas historias dos libros eran verdade. Gustoume moito.       Iván González


Paseino moi ben porque era un home moi bo e moi divertido. É moi maior, pero aínda se acordaba de todos os libros que escribira, cando os escribira...Tamén me gustou cando una nena lle preguntou qué quería ser de maior cando era neno, e el contounos un chiste.     Iria

A idea de traer a Xosé Neira Vilas ao auditorio de Cerceda pareceume ben. É o único escritor que coñezo en persoa. Gustáronme as actuacións que fixeron os outros rapaces do colexio de Cerceda o do colexio da Silva. Paseino moi ben.      Ana


Onte paseino fenomenal con Xosé Neira Vilas porque foi moi divertido con nós. Gustoume moito o que nos contou de cando viaxou por países. Contounos un chiste e rímonos moito. Laura

A miña mañá  con Xosé Neira Vilas gustoume moito porque para o maior que é ten moita memoria. Gustoume moita a actuación dos de 4º de secundaria aínda que non se acordaron de todo o texto. Tamén me gustou a entrega de premios a Xosé Neira Vilas, e cando nos firmou autógrafos.    Elisa

Gustoume cómo se acordaba das cousas e tamén como explicou todas as preguntas que lle preguntaron.       Miguel

Gustoume moito ir visitar a Xosé Neira Vilas porque puidemos falar con el e contounos cómo vivían os nenos de antes. Fixémoslle preguntas e el respondeunas. Tamén nos contou algo sobre os seus libros e a onde viaxara.    Samuel

Neira Vilas respondeunos a todos os nenos as preguntas. Aplaudiu todos os nosos traballos. Cando acabou a nosa obra " O espantallo amigo" démoslle unha figura do espantallo. Tamén fixemos a canción "O Vento", e por último firmounos os libros.    Iker

Autores: Alumnos de 5º de Primaria

martes, 15 de outubro de 2013

Este xoves, os nosos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria están invitados polo Concello de Cerceda a coñecer ó gran escritor galego Xosé Neira Vilas.
De regreso seguro que nos contan moitas cousas interesantes sobre a súa vida e obra. Mentres tanto, deixámosvos unha pequena información sobre este escritor.


domingo, 22 de setembro de 2013

martes, 17 de setembro de 2013





Buluchi está moi preocupado porque non sabe qué vai ser de maior. Nós ímoslle axudar, por iso, este ano temos pensando profundizar nos distintos OFICIOS E PROFESIÓNS. A ver se con toda a información se decide e, de paso, nós aprendemos, lemos e tamén pensamos o que queremos ser de maiores.

martes, 10 de setembro de 2013


BENVIDOS Ó CURSO 2013-2014
 
 
En breve comezaremos a nosa nova aventura. Contamos novamente coa vosa colaboración e esperamos que disfrutedes moito.

xoves, 20 de xuño de 2013

Coa entrega dos premios do concurso rematamos as nosas actividades.
Damos as gracias ós alumnos e ós mestres por terse implicado nas actividades da biblioteca.






.
Esperámos vervos moi a miúdo pola biblioteca o curso que ben.
Non vos olvidedes de ler no verán!
FELICES VACACIÓNS!

mércores, 12 de xuño de 2013

XA TEMOS GAÑADOR!

Estamos rematando o curso e temos que ir rematando tamén coas nosas actividades. Ó longo do ano, tal e como fomos publicando no blog, fixemos un concurso no que os rapaces tiñan que adiviñar determinadas cuestións relacionadas cos países polos que foi viaxando Buluchi.
Buluchi segue a súa viaxe, e estará de novo con nós en setembro, pero envialle a súa felicitación( e nuns días o seu premio) ó equipo gañador do concurso:
OS COCHOS BRAVOS, formado por IVÁN PEREIRA, SAMUEL E MIGUEL
NORABOA RAPACES!!! 

xoves, 16 de maio de 2013

CONCURSO-LETRAS GALEGAS
Este curso, ó igual que outros anos, participamos nun concurso que o Concello convoca entre os colexios de Cerceda con motivo da celebración do día das Letras Galegas. Consistiu na elaboración dun cartel (para Infantil e 1º Ciclo de Primaria) ou dun conto ( 2º e 3º Ciclos de Primaria). Un ano máis varios alumnos do noso colexios foron premiados.
 Hoxe, coincidindo co festival das Letras Galegas, a Concelleira Begoña entregou os premios ós agraciados. Dámoslle as gracias ó Concello de Cerceda e a NORABOA ÓS NOSOS RAPACES.


domingo, 12 de maio de 2013

LETRAS GALEGAS 2013
Esta semana conmemoraremos no noso colexio o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
O longo da semana traballarase na aula sobre distintos aspectos da súa vida. O xoves 16 realizaremos o noso festival para celebrar este día.
Tomamos prestado do CPI Os Dices de Rois unha magnífica reportaxe que fixeron, tratando distintos aspectos da súa vida.


Deixamos tamén un enlace ao Seminario Galán (ós que tamén felicitamos e damos as grazas polo seu gran traballo), para que poidades ter máis datos sobre Roberto Vidal e sobre as Letras Galegas. Tamén hai actividades para imprimir e para realizar en liña con nenos.


luns, 6 de maio de 2013

EXPOSICIÓN
Xa nos estamos achegando a fin de curso, e para ir rematando co noso proxecto de biblioteca, fixemos unha exposición mostrando algo típico de cada continente ( comidas, traxes, animais, lugares que merecen ser visitados...). Deixamos aquí unha mostra.


martes, 23 de abril de 2013

ETIOPÍA
Ola rapaces. Geli e máis eu enviámosvos unhas fotos de Etiopía. Cada foto ten un comentario para que vos informedes mellor. Se premes na miña imaxe poderás velas. Un saúdo.


Buluchi

CONTO: LA BRUJA DEL INVIERNO- 4º CURSO
AGASALLOS DO DÍA DO LIBRO
Hoxe, por ser o día do libro, o Concello de Cerceda agasallounos co mellor regalo que nos podía facer: UN MARABILLOSO LIBRO. Recibimos a visita da Concelleira, que nolos foi repartindo a cada un polas nosas  aulas. Moitas gracias!


Onte, luns , comezamos coa nosa celebración do día do libro. O Conto narrado foi " A lenda dos morcegos" . Hoxe continuaremos. Deixámosvos o conto e esperamos que vos guste.


 

domingo, 21 de abril de 2013

O día 23 de abril  celébrase o día Internacional do Libro. Para conmemorar esta fecha, ó longo da semana (do 22 ó 26 de abril) realizaremos sesións de contacontos.
Seguindo  co noso proxecto de biblioteca deste curso, os alumnos  elaboraron un libro cunha recopilación de contos y lendas do mundo. Cada curso contará ó seus compañeiros do colexio o conto que elexiu para o libro.
Esperamos que vos guste!


xoves, 4 de abril de 2013





Ola de novo:
Nuns días vou a facer unha viaxe moi especial. Vou acompañar a Geli a Etiopía.
Non sei nada deste país. Pódesme axudar a coñecer algo máis del?
Pincha na bandeira e atoparás a tarefa a realizar.

Moitas gracias.

Pronto teredes noticias miñas e de Geli.

Unha aperta

                                                                      Buluchi




domingo, 17 de febreiro de 2013

Ola nenos:
Estas vacacións de Entroido estiven no país máis extenso do mundo, que ocupa todo o Norte de Asia e arredor do 40% de Europa.
Déixovos un conto típico deste país. Teredes que adiviñar o seu nome  e contestar a unhas preguntas sobre o conto. Cando as teñas, dállas a Lucía ou a Geli, e se están ben, polo menos a metade delas, elas daranche a ti outras preguntas para coñecer algo máis deste lugar e conseguir así máis puntos.


Preguntas:
1. En que país estiven?
2. Que quería ter Matrioska?
3- Onde quería Matrioska que estivera o seu bebé?
4. Cantos bonecos había ó final?
5. De todos os bonecos, cantos eran homes?

luns, 28 de xaneiro de 2013

DIA DA PAZ
Achégase o Día da Paz, que se celebrará o 30 de xaneiro. Como a nosa mascota está viaxando polo mundo, centrarémonos este ano na igualdade entre todas as persoas, independientemente do lugar onde vivan e de que razan sexan.
Deixámosvos un relato de Eva María Riber Herráez, contado polos alumnos de 3º de Primaria , que nos explican que, á parte da cor da pel, todos somos iguais.
Na estantería tedes suxerencias doutros libros que podedes atopar na biblioteca e que tamén tratan temas de paz.


venres, 25 de xaneiro de 2013

Queres saber cales son os lectores máis asiduos?
Dende que comezou o curso en setembro ata agora, os 10 lectores máis asiduos da biblioteca foron os seguintes, ordenados de maior a menor:
- Soraya Rodríguez Campos.
- Inés Castro Pombo.
- Iria Martínez Regueiro.
- Samuel Rodríguez Campos.
- Raúl Suárez Pallas.
- Lucía Thule García Becerra.
- Darío García Regueiro.
- Alejandro Iglesias Santos.
- Celia Leis García.
- Laura Cerqueiro Uriz.
NORABOA a todos eles, porque como di Cervantes:
 O QUE LE MOITO E ANDA MOITO, VE MOITO E SABE MOITO

venres, 18 de xaneiro de 2013

GRECIA
Xa temos as respostas no taboleiro. O país no que estivo Buluchi este Nadal foi Grecia, e a súa capital Atenas.
Estas son as respostas ó resto das preguntas.
2- A danza popular é o Sirtaki,aínda que realmente non é unha danza tradicional grega. a danza da que provén chámase Hasapico, Makellaridos ou Naftico.
3- O Kourabíedes son galletas de azucre, a galopoula é pavo recheo, o gourounopoulo psito é cochiño recheo e a vassilopita é unha especie de pan.
4- O encargado de deixar os regalos o 1 de xaneiro é San Basilio.
6- A parte máis alta e centro sagrado das cidades é a Acrópolis.
7- O templo máis importante da Acrópolis é o Partenón.
8- O estadio que acolleu as probas na honra da deusa Athenea é o Panathinaiko.
9-Unha das illas que visitei foi Mikonos.
10- Blog de Relixión:
-  O deis fillo de Zeus é Hércules.
- A relixión dos gregos é a ortodoxa.
- Os representantes da igrexa neste país son os patriarcas.
- O doce do 1 de xaneiro é o Roscón de San Basilio.




xoves, 10 de xaneiro de 2013


Feliz Ano 2013 rapaces:

Xa rematei a miña viaxe de Nadal, e agora quero que vós coñezades o lugar onde estiven. Pero non volo vou a poñer tan fácil!  Primeiro teredes que acertar algunhas preguntas. Seguro que o adiviñades.

1º- A pista é moi fácil, a súa bandeira  .     Que país visitei?

2º- Se aínda non o tedes claro, clica nesta imaxe dunha danza popular deste país. Aínda que din que, realmente, non é orixinaria del, que foi creada para unha película. Sabedes como se chama esta danza?

 3º- Como vos adiantei na última carta, ía pasar o Nadal nun lugar distinto. Alí coñecín tradicións de Nadal distintas ás nosas. Unha ten que ver coa comida. Kourabiédes,galopoula , gourounopoulo psito ou vassilopita  son comidas típicas destas datas. Están deliciosas! Podédesme dicir que é cada unha delas?

4º- O día 25 de Nadal Papá Noel non deixa regalos. O encargado de facelo é outra persoa o día 1 de xaneiro. Sabedes como se chama?

5º-  Visitei a capital deste país. Cal é?

6º- A parte máis alta e centro sagrado das cidades deste país ten un nome. A máis coñecida é a da capital. Alí hai templos dedicados ós deuses. Sabes que nome lle dan a esta parte máis alta?
 7º- O templo máis importante relacionado coa pregunta anterior, é o da deusa Athenea Parthenos. Que nome recibe?

8º- No século IV a.C. construiuse un estadio para acoller as probas de atletismo na honra da deusa Atenea. No 1896 reconstruiuse con motivo da celebración dos primeiros Xogos Olímpicos da era moderna. Como se chama este estadio?

9º- Aínda que a capital é moi bonita e visitei moitos sitios interesantes, tamén viaxei polo resto do país. Incluso estiven en illas que forman parte del. Unha delas pertence ó arquipélago das illas Cícladas, localizadas no mar Exeo. Pódese dicir que é unha das illas máis turísticas. Os seus pobos son moi pintorescos. Cal é o nome desta illa?

10º- No Blog de Relixión tedes máis preguntas.

 γειά

Buluchi