martes, 15 de decembro de 2015

CARTEIRO REAL

Esta mañá tivemos a visita do Carteiro Real. Que ilusión!
Aquí tedes unha mostra das cartas que os nosos alumnos de 1º escribiron con tanto cariño. Tan pequeniños e xa escriben xenial! Quedáronlles preciosas!






domingo, 29 de novembro de 2015

NO NOSO RECORDO

Este venres faleceu o gran escritor galego Xosé Neira Vilas, autor de
 " Memorias dun neno labrego", o libro máis lido na historia da Literatura Galega. Entre os seus libros para nenos destacan "Espantallo amigo ",
 " A Marela Tarabela" e " O cabaliño de buxo".

Algúns dos nosos ex-alumnos tiveron a sorte de coñecelo hai dous anos. Leváronlle algún agasallo que facía referencia aos seus libros e adicáronlle unhas verbas. Quedaron encantados da súa amabilidade e simpatía.

Servan as seguintes imaxes para o seu recordo e como ben merecida homenaxe.









luns, 16 de novembro de 2015

Esta mañá tivemos a primeira sesión das lecturas apadriñadas. Novamente poidemos disfrutar dun bo libro. Os nosos alumnos maiores foron uns excepcionais contacontos.



mércores, 4 de novembro de 2015

E POR FIN...

...xa temos as nosas portas decoradas, cada unha facendo referencia a un conto dos irmáns Grimm.








luns, 26 de outubro de 2015

XOGANDO COS CONTOS

Despois da sesión de debuxos do venres, hoxe propuxémoslle aos nosos pequenos que ordenasen as imaxes da historia de  "O lobo es os sete cabuxos". E hai que decir que o fixeron moi ben, incluso contándonos o que sucedía en cada imaxe.





venres, 23 de outubro de 2015

xoves, 22 de outubro de 2015

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Mañá celebraremos o Día da Biblioteca Escolar.

Este ano, como xa é ben sabido, estamos coñecendo a fondo os contos dos Irmáns Grimm. Lembrade que podemos atopar distintas versións do mesmo conto, xa que estes escritores fixeron moitas recopilacións de contos tradicionais e escribíronos segundo o seu propio criterio. Por iso atopámonos co mesmo conto relatado por varios escritores.

Para conmemorar este día, decantámonos polas versións de debuxos animados, que é outra forma de coñecer os contos. Os alumnos de Educación Infantil, 1º e 2º disfrutarán de " O lobo e os sete cabuxos"; os alumnos de 3º a 6º coñecerán o conto de " O sastriño valeroso". Animamos a ler despois o conto para ver similitudes e/ou diferenzas.

 


Seguimos un ano máis animando aos nosos alumnos a medrar coa lectura.

mércores, 7 de outubro de 2015


Xa estamos metidos no proxecto! Tal e como prometemos, aquí tedes un avance para ir comezando. Podedes coñecer a vida dos irmáns Grimm, ler algún dos seus contos e ver outras versión dos mesmos en debuxos animados, ópera, pictos e debuxos para colorear. Preme nas distintas imaxes para acceder a eles.








Los músicos de Bremen- Debuxos animados

xoves, 24 de setembro de 2015

PROXECTO 2015/2016

Seguro que todos coñecedes contos como " Carapuchiña Vermella", " "Brancaneves e os sete ananiños", "Pulgariño", "Os sete cabritiños", "A Cincenta"... O que ó mellor non sabedes é que foron escritos por dous irmáns moi coñecidos: Os irmáns Grimm.


Este ano o noso proxecto xira arredor do traballo destes escritores. Lembraremos eses contos tan coñecidos por todos, e escoitaremos outros novos que  son igualmente fermosos.

Permanece atentos ó noso Blog e descubriredes moitas cousas dos irmáns Grimm e das súas historias.

martes, 8 de setembro de 2015

venres, 19 de xuño de 2015

REMATA O CURSO

Case sen darnos conta chegamos ó fin do curso. Disfrutade moito do verán e repoñede forzas para o curso que ven. Esperámosvos na Biblioteca con novos proxectos!
Non olvidedes que CALQUER LUGAR É BO PARA DISFRUTAR DUNHA BOA LETURA!

FELICES VACACIÓNS!

luns, 18 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

  Preme na imaxe e coñecerás ó escritor homenaxeado este ano

xoves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO












Hai uns días  comezamos a nosa celebración coa asistencia a un taller de "Jumping", unha masa moldeable coa que se poden facer manualidades preciosas. Nós, como estabamos celebrando xa o Día do Libro, fixemos un marcapáxinas que nos quedou chulísimo.


Hoxe foi o gran día . E que mellor día para presentar o libro viaxeiro, que elaboramos entre tódalas aulas seguindo o tema do noso proxecto " Unha viaxe pola Histora". Buluchi comezou a súa andadura na Prehistoria ata chegar ó noso tempo. Os alumnos de 6º fixeron os honores de dar letura ó libro.












A continuación, acabamos de completar "A árbore dos libros", un mural que colococamos na entrada e no que colaboramos todos. Os pequeniños de Infantil fixeron unhas flores preciosas para decorar o campo, e os de Primaria debuxaron portadas de libros para colocar nas ramas da árbore. Ademáis, dunha das pólas colgamos un poema de Rafael Alberti, que leron Alejandro e Inés.











E para rematar, recibimos un regalo que nos entregou María Viqueira de parte do Concello de Cerceda: un fantástico libro!!! Quedamos moi agradecidos polo presente e tamén pola súa visita neste día.












domingo, 15 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA

Ó longo desta semana estivemos conmemorando a Semana de Prensa. Seguindo co noso proxecto de Biblioteca, confeccionamos un xornal con noticias das distintas épocas da Historia. Este foi o resultado.

martes, 10 de febreiro de 2015

SAN VALENTÍN

O sábado próximo é o día de San Valentín, no que non só se celebra o famoso "Día dos namorados", xa que tamén é o día do amor en xeral (familia, amigos...) e da amizade. Aproveitamos unha vez máis para "trasladar" parte da nosa biblioteca á entrada do cole, para que os pequenos poidan disfrutar nos recreos da letura de contos, esta vez como non, con temática de amor e amizade.


Se queres coñecer algo máis sobre a historia do Día de San Valentín, preme sobre o corazón. Tamén poderás coñecer cómo se celebra noutros países.

E, como afirma o blog da profe Teresa, recordade: QUEN TEN UN AMIGO, TEN UN TESOURO. Así que non vos olvidedes de querelo moito!

domingo, 8 de febreiro de 2015

LECTURAS APADRIÑADAS

Este venres retomamos as lecturas apadriñadas. Os máis pequenos axudados dos maiores, puideron disfrutar unha vez máis dunha boa lectura.