venres, 24 de febreiro de 2023

MOCHILA VIAXEIRA- DIMAS 3º PRIMARIA

 Continuamos a recibir as vosas aportacións. Dimas contounos cánto lle gustou o contido da mochila, pero ademáis escribiunos un " grito de guerra " típico hai anos na parroquia de Rodís.

Moitas gracias!




domingo, 12 de febreiro de 2023


PISTA 7 E SOLUCIÓN

Coa pista 7 remata o noso xogo de pistas de 
COÑECENDO CERCEDA
 Os rapaces de primeiro, como sempre, achegáronnos o resultado 
Román foi a Encrobas, e alí ao pe da pedra Mazafacha atopou o  torque enterrado. 

 O alumnado de primaria, atopou e resolveu todas as pistas agochadas polo colexio

A recompensa está a piques de chegar















 

luns, 6 de febreiro de 2023

MOCHILA VIAXEIRA- IZAN-3º Primaria

 Izan escribiunos na libreta, ademáis das súas impresións sobre os libros, unha cantiga que lle interpretou o seu avó. A ver se algún día se atreve a cantárnola! Graciñas!




COÑECENDO CERCEDA- RODÍS

 A semana pasada fomos de paseo pola Silva. VALERIA tróuxonos unhas fotos antigas (parece ser que do 1970) do Campo de Feira das Nenas e das rúas que alí hai. 

Quixemos ir ver o cambio que tivo durante todos estes anos

1970


2023


E xa que estabamos de paseo, achegámonos a ver a capela e a praza que hai diante dela, co seu cruceiro e fonte. A capela da Silva era coñecida antigamente como capela de San Amaro e estaba moi relacionada cos peregrinos. O día da Feira das Nenas a xente dicía que ía ao "San Amaro das Nenas".
Agora noméana como capela do Espíritu Santo.




domingo, 5 de febreiro de 2023

 PISTA 6 E SOLUCIÓN


Esta rapazada de primeiro resolve todas as pistas.
 Ben feito!!!
Román está chegando ao seu destino.
 Na pista 7 temos a solución. 
Cal será?