martes, 25 de febreiro de 2020

A FAMILIA DE VALERIA CONTA . . .

Encántannos os unicornios, e esta historia que nos contou a mamá de Valeria fascinounos. Moitas gracias !!!




luns, 17 de febreiro de 2020

14 de febreiro- SAN VALENTÍN

O venres celebramos o día da Amizade e do Amor coa realización das lecturas apadriñadas. 
Os alumnos maiores  léronlles aos pequeños fermosos libros. 
Tamén intercambiaron entre eles unhas preciosas tarxetas de amizade que previamente depositaron na caixa de correos da biblioteca e foron posteriormente seleccionadas polos responsables da mesma.
No seguinte ENLACE podedes ver máis fotos das lecturas.





Como fin de festa, asistimos na biblioteca a un concerto de mans de Xavi, ao que lle agradecemos moito que viñera ao noso cole a celebrar con nós un día no que festexamos algo tan importante como é a AMIZADE. 
Foi fantástico!






xoves, 6 de febreiro de 2020

RECUNCHO AMOROSO




Febreiro, mes do amor e da amizade!

Xa temos preparada unha nova exposición de libros amorosos. Vide a disfrutala!




luns, 3 de febreiro de 2020

RECEITAS DE PAZ

Os nosos alumnos e alumnos elaboraron unhas saborosas receitas para conmemorar o Día da Paz.
Bo proveito! ! !

<