xoves, 20 de decembro de 2012

 


Ler un libro enriquece o noso vocabulario, axúdanos a aprender sobre cousas da vida, axúdanos a redactar tarefas, é coñecer mundos novos, é divertirse... 
BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO

Fonte: Blog: Libros compartidos

sábado, 15 de decembro de 2012

ITALIA
Nesta última viaxe antes de Nadal, Buluchi visitou ITALIA. Como fai sempre cando vai de viaxe, mandounos unhas bonitas fotos, e con elas as respostas ás preguntas, que son as seguintes:

2- A moeda é o euro.
3- A capital de Italia é Roma. Alí visitou o Coliseum e a Fontana di Trevi.
4- A cidade rodeada de canles é Venecia. A praza chámase Praza de San Marcos. O canal máis grande é o Gran Canal, e pódese navegar por el en góndola.
5- A cidade coa torre inclinada é Pisa (nome que tamén recibe a torre)
6- A cidade que ten unha ponte con tendas de xoieiros é Florencia. A ponte chámase Ponte Vechhio. Na Galería de Academia podese ver o "David " do famoso escultor, pintor, arquitecto e poeta Miguel Anxo.
7- Buluchi tamén estivo na Cidade do Vaticano. Visitou a Basílica de San Pedro. Dentro está soterrado o Papa Xoán Pablo II. Tamén podemos visitar dentro dela a Capela Sixtina, pintada tamén por Miguel Anxo. ´
Por último Buluchi visitou a cidade de Asís.




martes, 4 de decembro de 2012



Ola rapaces:

Outra vez me poño en contacto con vós para ensinarvos o páis que acabo de visitar. É un país fantástico, que ten lugares preciosos e onde a xente é marabillosa.
Estiven en varias cidades deste país, e non sabería dicir cal delas me gustou máis.

Déixovos unhas pistas a ver se acertades as distintas preguntas.

Primeiro tes que adiviñar que país visitei. Para iso douche de pista a súa silueta e a súa bandeira.




    
       1-      Que país visitei?
2-      Pódesme dicir cal é a súa moeda?
3-      A primeira cidade na que estiven foi a súa capital. Cal é?

a.       Na capital visitei o monumento que tedes na imaxe .
Foi escenario de películas como Ben-Hur e Gladiator. Como se chama?

b.      Hai unha fonte espectacular! Serviu de escenario á película A Dolce Vita. Pódesme dicir o nome?

4-      A seguinte cidade que visitei está rodeada de canles por todas partes. Que cidade é?

a.       Nesta cidade hai unha praza moi importante, o corazón da cidade! Está chea de pombas! Cal é o seu nome?

b.      De todas as canles que ten a cidade, unha é a máis grande. Que nome recibe?

c.       Pódesme dicir o nome do bote tradicional desta cidade? Pincha AQUÍ e terás información. 

5-      Despois dun paseo no bote tradicional da cidade anterior, marchei para outra cidade onde hai outra famosa torre inclinada. Sabes cómo se chama esta cidade que tamén lle da nome á torre?

6-      Por último fixen outra parada nunha cidade moi fermosa. Nesta cidade hai unha ponte moi coñecida que está chea de tendas de xoieiros. É un dos símbolos máis coñecidos desta cidade.
      
        Tamén foi escenario da famosa película "A vida é bela".
        Carlo Collodi, o escritor de "Pinocho", naceu nesta cidade.
        Como se chama esta cidade?
         E a ponte?

a.       Na famosa Galería da Academia temos unha escultura moi coñecida: O David.
       Pódesme dicir que escultor famoso  a fixo?
           



7-      No Blog de Relixión tamén tedes preguntas. Se as contestades correctamente acadaredes máis puntos.

Espero que disfrutedes descubrindo este apaixoante país.
Xa vos mandarei as fotos.

Despídome ata despois de Nadal. Pasade unhas boas vacacións e á volta mandareivos outra carta dende o lugar onde pasei as festas.
Unha aperta

BULUCHI