xoves, 29 de outubro de 2020

CLARA RECOMENDA E CONTA. . .

 Hoxe Clara, acompañada da súa irmá Blanca, recoméndanos e ademáis cóntanos unha entretida historia. Moitas grazas ás dúas! Fantástico Clara!

luns, 26 de outubro de 2020

CAMIÑO DO NORTE

 Os alumnos de 1º curso comezan a súa andadura: o Camiño do Norte. Prepararon a súa alforxa, a súa cuncha e xa teñen a súa credencial. 








Tamén teñen lista a súa indumentaria.











Xa están listos e moi contentos de comezar! BO CAMIÑO! ! !











venres, 23 de outubro de 2020

CONCURSO DE MARCA PÁXINAS

 Xa temos gañador! O xurado tívoo moi difícil, xa que todos os marca páxinas eran preciosos. 

Primeiro elexiron tres finalistas, os tres fantásticos


E despois de moito deliberar, decidiron que o gañador era...DIMAS, de 1º curso de Primaria!


Hoxe recibiu o seu premio de mans de Teresa, a encargada da BiblioSilva: Atlas de Galicia Pequeniña.
  

NORABOA!







mércores, 21 de outubro de 2020

luns, 19 de outubro de 2020

II CONCURSO DE MARCA PÁXINAS

 Nesta II Edición do concurso de marca páxinas tivemos unha ampla participación. Gracias a todos polo voso esforzo! En breve coñeceremos o gañador. Podedes botarlle unha ollada a todos e facer as vosas apostas!










MOCHILAS VIAXEIRAS

 Un curso máis as Mochilas Viaxeiras están circulando polas casas con material para disfrutar coa familia. E como dende o cole miramos pola vosa saúde, non vos preocupedes, levamos a cabo todas as medidas hixiénicas necesarias antes de enviar as mochilas dunha casa a outra.

Izan, de 1º de Primaria, xa trouxo de volta a mochila e con ela unha aportación na que se ve  que lle sacou proveito aos libros. Gracias! Encantounos!





sábado, 17 de outubro de 2020

Booktubers- A familia de Ainara conta...

 Desta vez é a mamá de Ainara Costa a que nos recomenda un libro.


E ademais...cóntanos unha fermosa historia! Grazas pola túa colaboración!



martes, 13 de outubro de 2020

OS BOLECHAS CHAMAN AO 112

 O xoves, nunha actividade promovida pola axencia galega de emerxencias, recibimos a visita de Braulio dos Bolechas, que nos explicou o funcionamento do 112.

Ademáis regaláronnos dous libros. Estivo moi interesante.






xoves, 1 de outubro de 2020

CAMIÑO DO OUTONO

Comezamos a utilizar a BiblioSilva!  Para ambientar a biblioteca, a exposición deste mes será sobre o outono. Silviña fixo unha escolma de libros con esta temática, que teredes á vosa disposición para levar á aula. 


Sabedes por qué a exposición se chama "Camiño do outono"? Pois porque o Proxecto de Biblioteca deste curso é "O Camiño de Santigo", que terá como lema: ENCAMÍÑATE COA LECTURA. Queremos aproveitar que o ano 2021 será Ano Santo para coñecer os distintos camiños. Así, cada aula investigará acerca dun camiño e aprenderá moitas cousas sobre el: significado histórico, lugares polos que pasa, monumentos, comidas típicas, vestimentas típicas, ríos...

A distribución será a seguinte:

Educación Infantil: Camiño Inglés

1º Curso: Camiño do Norte

2º Curso: Camiño de Inverno

3º e 4º Cursos: Camiño Francés

5º Curso: Camiño Portugués

6º Curso: Vía da Prata

Alumn@s de Relixión: Camiño Primitivo

Aínda que este ano non poderemos decorar as portas ( para manter a maior hixiene posible por mor do COVID), permanecede atentos, porque poderedes ver no blog as distintas actividades.

COMEZAMOS!  BO CAMIÑO!