xoves, 1 de outubro de 2020

CAMIÑO DO OUTONO

Comezamos a utilizar a BiblioSilva!  Para ambientar a biblioteca, a exposición deste mes será sobre o outono. Silviña fixo unha escolma de libros con esta temática, que teredes á vosa disposición para levar á aula. 


Sabedes por qué a exposición se chama "Camiño do outono"? Pois porque o Proxecto de Biblioteca deste curso é "O Camiño de Santigo", que terá como lema: ENCAMÍÑATE COA LECTURA. Queremos aproveitar que o ano 2021 será Ano Santo para coñecer os distintos camiños. Así, cada aula investigará acerca dun camiño e aprenderá moitas cousas sobre el: significado histórico, lugares polos que pasa, monumentos, comidas típicas, vestimentas típicas, ríos...

A distribución será a seguinte:

Educación Infantil: Camiño Inglés

1º Curso: Camiño do Norte

2º Curso: Camiño de Inverno

3º e 4º Cursos: Camiño Francés

5º Curso: Camiño Portugués

6º Curso: Vía da Prata

Alumn@s de Relixión: Camiño Primitivo

Aínda que este ano non poderemos decorar as portas ( para manter a maior hixiene posible por mor do COVID), permanecede atentos, porque poderedes ver no blog as distintas actividades.

COMEZAMOS!  BO CAMIÑO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario