martes, 26 de outubro de 2021

luns, 25 de outubro de 2021

MOCHILA VIAXEIRA -2º CURSO-EZEQUIEL

 As mochilas comezan a dar o seu froito! Ezequiel, xunto coa súa familia, fixo unha fermosa caixa de panos con material de reciclaxe e...unhas galletas que tiñan unha pinta...!!!😋😋








xoves, 21 de outubro de 2021

A FAMILIA DE SIRA CONTA...

...DE MAIOR QUERO SER...
Sira e a súa mamá lennos un precioso conto. Moitas gracias por facernos disfrutar!


 

luns, 18 de outubro de 2021

BookTubers

 Sira de 2º Curso de Primaria recoméndanos un libro co que aprenderás moitas cousas do noso planeta. Moi interesante!



domingo, 17 de outubro de 2021

BOOKTUBERS

Ao alumnado de 4º/5º de infantil encantáronlle dous contos do polo Pepe e quixeron recomendalos para todo o cole. 

Artistazas que son!!!





venres, 15 de outubro de 2021

 NOVIDADES

Mercamos unha morea de libros sobre o coidado do  medio e viaxaron polas aulas para que todos os disfrutaran. 



xoves, 14 de outubro de 2021

 XORNAL O PAPAGAIO

Na Bibliosilva, ademais de libros. temos revistas e o xornal O Papagaio que nos encanta. No número de outubro, Mr. Lupo pídenos que lle axudemos a resolver un problema. 

E alá foi Silviña a propoñernos unha pregunta viaxeira de outono. Agora está todo o alumnado tentando buscar solucións para participar no concurso.





martes, 12 de outubro de 2021

venres, 8 de outubro de 2021

 SALVAR O PLANETA


Salvar o planeta é a tarefa do capitán Verdemán; o  protagonista dun dos libros recén mercados para a nosa biblioteca. 

A seguinte canción tamén nos ensina como podemos salvalo. Aquí a deixamos para que vos poñades mans á obra, ou mellor dito mans a salvar o planeta.



Deixamos tamén a que está sonando este mes de outubro nos timbres do cole e que nos ensina como debemos reciclar para protexer o planeta.




 MOCHILAS VIAXEIRAS

Oito mochilas cargadiñas de libros, saíron dende  a Bibliosilva camiño das primeiras oito casas. Esperamos e desexamos que as disfrutedes en familia.



BOA VIAXE!!


venres, 1 de outubro de 2021

 BOOKTUBERS

Algúns dos  axudantes da biblioteca non podían empezar mellor coa súa recomendación: un capitán que quere salvar o planeta e que precisa a axuda de todos.



PATRULLA ECO MARRÓN
O equipo eco empeza a súa andaina repartindo polas aulas o minicolector marrón. Ata fixeron a súa identificación para que todos os coñezamos. 
Ánimo rapazada que o planeta agarda por vos!!!