domingo, 25 de decembro de 2016

luns, 7 de novembro de 2016

DECORACIÓN DE PORTAS

Despois dunha primeira introdución ás Sete Marabillas, cada clase decorou a porta da súa aula con aspectos referentes ás mesmas ou ao país no que están situadas. Seguiremos afondando no coñecemento destas fantásticas Marabillas!

Este foi o resultado!

luns, 24 de outubro de 2016

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Que mellor día que hoxe, que celebramos o Día da Biblioteca Escolar, para gozar dunha boa lectura. E se ademáis son os nosos compañeiros os que len, mellor que mellor! Así pois, aproveitando esta conmemoración hoxe retomamos as LECTURAS APADRIÑADAS, nas que como xa fixemos outros anos, os maiores lenlle aos máis pequenos, que quedaron encantados de escoitar tan fermosos contos.

Premendo na imaxe podedes ver as fotos.

mércores, 5 de outubro de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

En breve poremos en marcha as "Mochilas Viaxieras" deste ano, que integramos dentro do Proxecto Lector.
O seu principal obxectivo é fomentar o hábito lector e  o pracer pola lectura, compartindo momentos gratos entre os membros da familia.
É importante que a familia pase un rato arredor dela e que se coide o seu contido.
A lectura está destinada a afinar a sensibilidade e a estimular a imaxinación, a mellorar a expresión, o vocabulario... Pero todo isto só se consigue se as prácticas de ver, ler, mirar e escoitar se realizan moitas veces, con moita constancia.
Así, queremos invitarvos a que vos reunades cos nenos e nenas e arredor da mochila, a abrades e compartades os seus contidos.
Agradecemos que devolvades a mochila no prazo establecido para que a poidamos facer chegar a outra familia.
Antes de devolvela agradeceremos que escribades, xunto cos nenos, unhas liñas no caderno que vai na mochila, por exemplo: qué vos pareceu  o contido da mochila, qué vos gustou máis, se vos gusta a idea de mochila, un debuxo feito polo neno sobre algún conto que vai nela, ou incluso algunha cantiga, conto, refrán, lenda, adiviña para que a resolva a seguinte familia...

Moita gracias pola vosa colaboración.

QUE DISFRUTEDES EN FAMILIA!

luns, 19 de setembro de 2016

BENVIDOS AO CURSO 2016-2017

Xa na segunda semana deste curso, douvos a benvida de novo. Estou moi contento de volver a vervos e espero que un ano máis disfrutedes dos marabillosos libros da Biblioteca e de tódalas actividades que iremos facendo.


Para irvos adiantando, este ano adentrarémonos nas fascinantes "7 MARABILLAS DO MUNDO MODERNO". Coñeceremos cáles son, pero tamén moitos aspectos relacionados con elas ( cultura, países...). 

Como outros anos, cada aula profundizará no coñecemento de unha marabilla. O reparto foi o seguinte:
Educación Infantil- Gran Muralla China-China
1º Curso- Chichén Itzá-México
2º Curso- Machu Picchu- Perú (Cuzco)
3º Curso- Coliseo- Italia (Roma)
4º Curso- Taj Mahal- India (Agra)
5º Curso- Petra- Jordania
6º Curso- Cristo Redentor- Brasil (Río de Janeiro)

Seguro que ao rematar o curso todos teremos ganas de visitalas.

Ánimo e a disfrutar!!!!


domingo, 19 de xuño de 2016

CARAPUCHIÑA VERMELLA

Para rematar co libro viaxeiro, os alumnos de Educación Infantil de 5 anos contáronnos marabillosamente a súa versión de Carapuchiña Vermella. Grandes contacontos!!!

O LOBO E OS SETE CABUXOS

Estes cabuxos convertíronse nuns músicos fantásticos!!! Así nolo contan os alumnos de 6º.

A GATA CON TACÓNS

Os alumnos de 4º fixeron unha adaptación do Gato con Botas. Convertiron ao gato nunha gata e...con tacóns!!!

martes, 14 de xuño de 2016

BRANCANEVES CON BOTAS

Desta vez foi o turno dos alumnos de 2º curso, que nos explicaron cómo fixeron para redactar este conto.

domingo, 5 de xuño de 2016

domingo, 29 de maio de 2016

xoves, 26 de maio de 2016

LIBRO VIAXEIRO

No festival das Letras Galegas xa fixemos a presentación do Libro Viaxeiro. Como ben explicaron os nosos rapaces, este ano fixemos unha recopilación de contos elaborados polos alumnos. Cada un é unha interpretación dun conto dos Irmáns Grimm: algúns cambiaron o final, outros a historia completa pero cos mesmos personaxes, hai cancións, mestura de títulos...
Ao longo destas semanas que nos quedan para rematar o curso, cada clase irá contando o conto aos demáis. Hoxe comezamos cos alumnos de quinto. Esperamos que disfrutedes este e os demáis contos.


domingo, 22 de maio de 2016

FESTIVAL LETRAS GALEGAS-2016

Un ano máis celebramos o Día das Letras Galegas como se merece. Este venres tivemos o noso festival, no que de novo os alumnos e mestres fixeron un grande traballo. Horas de ensaio mereceron a pena! Para que o poidades ver outra vez, e para aqueles que non poidestes acudir, aquí deixamos as distintas actuacións.

 

martes, 17 de maio de 2016

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!



Este ano o homenaxeado é Manuel María Fernández Teixeiro.

Naceu en Outeiro de Rei (Terra Cha Luguesa) no 1929. Destacou polo seu carácter combativo e reivindicativo e polo seu compromiso político e cultural co nacionalismo galego.

É autor dunha chea de libros, utilizando todos os xéneros literarios e sendo un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos.

Agora podedes disfrutar do seu poema " A pita choca", cunha fantástica animación en plastelina e as voces do cole Laverde Ruiz de Outeiro de Rei e do Instituto Urbano Lugrís de Malpica.




Tamén vos deixamos o poema "Conto de medo" do libro "Rúas do vento ceibe" musicado por Manuel R. Crespo.

sábado, 23 de abril de 2016

FELIZ DÍA DO LIBRO!!







Adiantándonos un día, onte celebramos o Día do Libro, cunha xornada na que tivemos distintas actividades.



Para comezar, os alumnos de 6º deleitáronnos coa lectura duns fragmentos do "Quixote".

Ao remate da lectura, rematamos a "Árbore dos irmáns Grimm". Nela colgamos follas, nas que os alumnos escribiron títulos de contos dos Irmáns Grimm, e fixeron un debuxo da portada segundo o que os títulos lles suxerían. Tamén puxemos flores, nas que fixeron alusión ao conto que cada aula traballou ao longo do curso. Quedou unha árbore ben visotosa!




Coma outros anos, recibimos a visita de Begoña e Carmen, que en representación do Concello, agasalláronnos co mellor regalo que se poida facer: un libro! Moitas gracias un ano máis!!



E xa para rematar, tivemos a terceira sesión das lecturas apadriñadas. Unha magnífica experiencia para os nosos alumnos!



Gracias a todos pola vosa colaboración e traballo! Dende o equipo de Biblioteca desexamos que disfrutedes moito deste día e non olvidedes que os libros encerran grandes tesouros. E como dicía Cervantes:
" O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito"


martes, 5 de abril de 2016

CARAPUCHIÑA VERMELLA

Os pequerrechos de 5 anos fixeron unha fantástica interpretación do conto "Carapuchiña vermella" . Deixámosvos aquí o conto cos debuxos de algún dos alumnos, que ilustran o mesmo anaco da historia.
Ademáis, os nenos de 5 anos contáronlle o conto aos de 3 e 4 anos, que quedaron encantados coas lecturas dos seus compañeiros. Estes nenos valen moito!






venres, 19 de febreiro de 2016

LECTURAS APADRIÑADAS

Onte celebramos a segunda sesión das lecturas apadriñadas. Novamente os máis pequenos moi contentos coa lectura dos maiores.




domingo, 14 de febreiro de 2016

CONTOS DE ENTROIDO

Xa temos os videos de Entroido! Este ano, aproveitando o proxecto de biblioteca, disfrazámosnos de personaxes de contos dos Irmáns Grim. Ademáis cada clase fixo a súa interpretación do conto ( canción, resumo...). Nestes videos podedes ver a actuación de cada clase.



Ademais, o noso mestre de cerimonias, o profe Pepe, obsequiounos entre actuación e actuación cunha fantástica interpretación do conto "Juan sin miedo".


sábado, 30 de xaneiro de 2016

COMEZAMOS!!!

Acabamos de rematar co día da Paz e temos que empezar a pensar no Entroido. Dende a biblioteca animamos a seguir lendo, e para comezar, vamos ler un poema de Entroido, onde os nosos rapaces teñen que buscar as comandas para a semana da celebración. Por se alguén se olvida, aquí o deixamos.



mércores, 27 de xaneiro de 2016

MÁIS ACTIVIDADES SOBRE A PAZ!

"La vuelta al mundo en 4 historias", de Cruz Vermella, presenta catro historias con personaxes de distintas procedencias, que se atopan en España estudiando no mesmo instituto. Despois de que cada un conte a súa historia, preséntanse xogos. Estas historias fannos ver a necesidade da convivencia e a importancia da diversidade cultural.
Preme na imaxe e poderás comezar.


DÍA DA PAZ

Comezamos coa celebración do Día da Paz. Na entrada do cole puxemos a exposición temporal de libros, para que os rapaces poidan ler nos recreos. Tamén estamos a facer unha recollida de alimentos pola paz, que rematará o venres e que será doada a Cáritas.



Deixámosvos un xogo para ir entrando en materia (preme na imaxe)