luns, 24 de outubro de 2016

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Que mellor día que hoxe, que celebramos o Día da Biblioteca Escolar, para gozar dunha boa lectura. E se ademáis son os nosos compañeiros os que len, mellor que mellor! Así pois, aproveitando esta conmemoración hoxe retomamos as LECTURAS APADRIÑADAS, nas que como xa fixemos outros anos, os maiores lenlle aos máis pequenos, que quedaron encantados de escoitar tan fermosos contos.

Premendo na imaxe podedes ver as fotos.

mércores, 5 de outubro de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

En breve poremos en marcha as "Mochilas Viaxieras" deste ano, que integramos dentro do Proxecto Lector.
O seu principal obxectivo é fomentar o hábito lector e  o pracer pola lectura, compartindo momentos gratos entre os membros da familia.
É importante que a familia pase un rato arredor dela e que se coide o seu contido.
A lectura está destinada a afinar a sensibilidade e a estimular a imaxinación, a mellorar a expresión, o vocabulario... Pero todo isto só se consigue se as prácticas de ver, ler, mirar e escoitar se realizan moitas veces, con moita constancia.
Así, queremos invitarvos a que vos reunades cos nenos e nenas e arredor da mochila, a abrades e compartades os seus contidos.
Agradecemos que devolvades a mochila no prazo establecido para que a poidamos facer chegar a outra familia.
Antes de devolvela agradeceremos que escribades, xunto cos nenos, unhas liñas no caderno que vai na mochila, por exemplo: qué vos pareceu  o contido da mochila, qué vos gustou máis, se vos gusta a idea de mochila, un debuxo feito polo neno sobre algún conto que vai nela, ou incluso algunha cantiga, conto, refrán, lenda, adiviña para que a resolva a seguinte familia...

Moita gracias pola vosa colaboración.

QUE DISFRUTEDES EN FAMILIA!