sábado, 18 de decembro de 2021

MOCHILA VIAXEIRA

DANIELA 5º PRIMARIA

A aportación de Daniela foi breve. Como non podía de ser doutro xeito, gustoulle o libro de xogar e crear reciclando. Ademais de debuxar barcos de papel, ben puido construír un...  

GRACIÑAS DANIELA



venres, 17 de decembro de 2021

MOCHILA VIAXEIRA- SIRA-2º CURSO

 Que bolso máis precioso fixo Sira! Ademais, inspirada no libro de receitas, envíanos unha nova para que probemos. Xa podes comezar a escribir o teu propio libro! Graciñas!







martes, 14 de decembro de 2021

domingo, 12 de decembro de 2021

 RECOMENDACIÓN

5º/6º INFANTIL

Na biblioteca temos este marabilloso libro que nos anima a poñer en marcha a nosa imaxinación e convertir unha caixa nunha morea de cousas.

A rapazada de 5ºe 6º de infantil tamén puxo en marcha o seu maxín e dun xeito fantástico debuxaron o que pode ser para eles unha caixa. 

                

GRACIÑAS RAPACES POR TAN ORIXINAL RECOMENDACIÓN!!

martes, 7 de decembro de 2021

BIBLIOTECA HUMANA 

CONMEMORACIÓN CONSTITUCIÓN/ESTATUTO DE AUTONOMÍA


O venres 3 de decembro estivemos de festa na Bibliosilva. Copiamos a idea das bibliotecas humanas nacidas no 2000 en Dinamarca, invitando a Juan Manuel Rodríguez García, o alcalde de Cerceda.

De xeito desinteresado visitounos para parlamentar coa rapazada de 5º/6º de primaria sobre asuntos importantes do seu traballo, e como non, para explicarnos a importancia da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía.



 O equipo da televisión de Cerceda fixo unha reportaxe do acto. Se queredes velo, empeza sobre o minuto 10

Juan Manuel deixounos unha fantástica dedicatoria no libro de visitas da nosa biblioteca

                                     


GRACIÑAS POR TODO, SEÑOR ALCALDE!!!



luns, 6 de decembro de 2021

venres, 3 de decembro de 2021

MOCHILA VIAXEIRA- 2º CURSO-KATIA

 Encántanos ver cómo aprendedes e disfrutades dos libros da Mochila Viaxeira. Gracias Katia por amosarnos  as cousas novas que descubriches!!!