mércores, 26 de xuño de 2019

FELICES VACACIÓNS!

Un ano máis rematamos o curso felices polo traballo e esforzo realizado por todos.
Como non podía ser menos, os axudantes da biblioteca recibiron o recoñecemento á súa grandísima colaboración.


Agardámosvos o curso que ven con novas sorpresas e ilusións.
Descansade moito, e acompañade ese descanso dunha boa lectura. Aquí vos deixamos unhas recomendacións.




BO VERÁN!


xoves, 13 de xuño de 2019

IMOS REMATANDO ! ! !

Non queda nada! A só uns días de rematar o curso, xa temos de volta os cadernos que foron ás casas nas mochilas viaxeiras. Neles, os alumnos, xunto coas súas familias, valoraron o contido das mochilas e algún ata fixo algunha manualidade, debuxo... dos libros que levaron.
Desexamos que todos disfrutaran moito con esta experiencia!




Rematamos tamén coas exposicións temporais da entrada da biblioteca. Nesta ocasión podedes atopar os libros que nos recomenda cada aula. Aproveitade para disfrutalos, aínda queda tempo.


martes, 4 de xuño de 2019

A FAMILIA DE DARÍO E CARLA CONTA. . .


Dous marabillosos contos nos relataron Chefa e Carla, a mamá e a irmá de Darío. Todos quedamos encantados e ademáis, moi agradecidos polos contos e polo regalo que nos fixeron.

Estamos orgullosos de que os nosos "redondos" queren moitísimo aos nosos "cadrados", tanto que xuntos fan un conxunto de pezas perfecto.

Moitas grazas!






luns, 3 de xuño de 2019