venres, 26 de febreiro de 2021

PEDRO RECOMENDA. . .

 Encántanos seguir recibindo as vosas recomendacións. Seguro que a algún lle serve de axuda cando vai á BiblioSilva .

 Hoxe é PEDRO  de Infantil o que nos recomenda un fantástico libro. Preme no seu nome para vela. 

Moitas gracias!

ENTREGA DE PREMIO

 Así de contentos (aínda que algún parece algo asustado 🙊🙊) estaban os gañadores do concurso de cartas-debuxos cando recibiron o seu premio!











mércores, 24 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Cada 24 de febreiro conmemórase o día de Rosalía de Castro, unha das escritoras galegas máis coñecidas.

E ti, que sabes da súa vida? Atréveste a probar este reto? Seguindo as pistas deste xogo coñecerás aspectos da vida de Rosalía e divertiraste moito. 

Pincha neste ENLACE  para comezar.

Tamén deixamos unha fermosa canción para @s máis pequeniñ@s.


Tamén tedes na BiblioSilva un conto sobre a súa vida.





luns, 22 de febreiro de 2021

APRENDENDO A QUERERSE

 O venres recibimos a visita de Lilí Gruyere, que nos contou unhas fantásticas historias nas que aprendimos a querernos aínda moito máis do que xa nos queremos. Que ben o pasamos !







MOCHILA VIAXEIRA- 5º E 6º INFANTIL

A mochila viaxeira regresa das casas do Grupo Verde. Canto lles gustou!

JULIA RECOMENDA. . .

 Que bonitos os animaliños ! JULIA recoméndanos un conto dun animaliño moi pequeniño. A ver se vos gusta tanto coma a nós ! Moitas gracias!

Preme no seu nome para ver o video.

BLANCA RECOMENDA. . .

 Encántanos a elección de BLANCA!  Moitas gracias polo teu video coa recomendación dun libro tan precioso !

Preme no seu nome e poderás velo.

xoves, 18 de febreiro de 2021

CONCURSO- CARTAS DE AMIZADE

 Para conmemorar o día do amor e a amizade, organizamos un concurso de cartas e debuxos .

Aínda que ao xurado lle costou decidirse. . .  Xa temos @s gañadores! 

Noraboa e gracias a tod@s @s que vos esforzastes en participar
.










xoves, 11 de febreiro de 2021

MOCHILA VIAXEIRA-KATIA

 A Katia, de 1º de Primaria, encantoulle levar a mochila e poder compartila coa súa familia. Gracias polos teus comentarios !




MOCHILA VIAXEIRA- PATRICIA E ANTÍA

 Patrica de 3º de Primaria envíanos un debuxo dun dos libros da mochila viaxeira, e Antía de 4º, ademáis dun debuxo, recoméndanos un dos libros. Moitas gracias ás dúas ! 

PATRICIA


ANTÍA




luns, 8 de febreiro de 2021

LECTURA COLECTIVA


Super interesante o libro que están a ler @s nen@s de 3º e 4º .

 Disfrutando da lectura colectiva!





luns, 1 de febreiro de 2021

ANTÓN RECOMENDA. . .

 

EXPOFEBREIRO

 

O mes de febreiro adicarémolo ao amor e á amizade, así que os libros da nova exposición serán sobre esta temática. 

Xa podedes pasar pola BiblioSilva a gozar destas fantásticas lecturas.

DIMAS E A SÚA FAMILIA RECOMENDAN...

 Dimas de 1º Curso recoméndanos uns fantásticos libros e ademáis  cóntanos dúas preciosas historias: unha el só e a outra coa súa mamá. Fixéchelo xenial! Moitas gracias aos dous!