martes, 26 de febreiro de 2019

TES BO OLLO!


Acabamos de estrear un novo recuncho de novidades onde podedes atopar as últimas adquisicións para a nosa biblioteca.
Lembrade que podedes facer suxestións de libros para mercar.

O INTRUSO

Para este mes, e relacionado coa exposición de libros de amor e amizade, Silviña volveunos plantexar un novo reto.
 A ver se somos capaces de solucionalo!



domingo, 17 de febreiro de 2019

DÍA DA AMIZADE

SAN VALENTÍN! Día do amor, e como non da AMIZADE. Eso foi o que quixemos celebrar no noso colexio, porque non hai amor máis grande que unha verdadeira amizade.

Para iso levamos a cabo varias actividades:

- Primeiras LECTURAS APADRIÑADAS deste curso. No seguinte ENLACE podedes ver fotos.

- POSTAIS DE AMIZADE: os "padriños" das lecturas elaboraron unhas postais para lle regalar aos seus "afillados"e viceversa. Leváronas á caixa de correos da biblioteca e despois os colaboradores fixeron a clasificación por cursos e repartíronas. Todos se puxeron super contentos ao recibila!


- Continuando co noso proxecto," Contos levados ao cine", os nosos alumnos confeccionaron uns corazóns preciosos con parellas dos contos. Canto amor!









mércores, 13 de febreiro de 2019

BROWNIE DE CHOCOLATE BRANCO CON NOCES DE MACADAMIA

Hai mellor forma de celebrar o día da amizade(a piques de chegar) que compartindo cos compañeiros e profes este marabilloso doce?Exótico e delicioso! Moitísimas grazas a Antía e á súa familia por dedicar o seu tempo de domingo a cociñar RECEITAS VIAXEIRAS!


martes, 12 de febreiro de 2019

A FAMILIA DE MIGUEL CONTA

Canto rimos coas cóxegas que nos fixo a mamá de Miguel! E canto disfrutamos coa fantástica historia que nos contou! Moitas gracias!!





martes, 5 de febreiro de 2019

MES DO AMOR E DA AMIZADE

14 de febreiro, San Valentín! Por iso este mes ímolo adicar ao amor e á amizade. Pasade pola biblioteca, porque xa temos a nova exposición de libros, que podedes ler tanto na biblioteca como na aula.


sábado, 2 de febreiro de 2019

DÍA DA PAZ

Que pouco valor lle damos ás palabras e que importantes son! E aínda o son máis os actos que as acompañan, por pequenos que parezan. Actos que moitas veces non costan nada pero que valen moito.

Por iso este ano, para conmemorar o Día da Paz, os nosos alumnos quixeron deixar constancia desas palabras que fan referencia á Paz e tamén a persoas que loitaron para conseguila. Elaboraron para iso un Pazcionario.

Como centro plurilingüe que somos, atoparedes términos en distintos idiomas, xa que a Paz non entende de linguas.