venres, 29 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS- 2º e 3º DE PRIMARIA

Para rematar co mes das Letras Galegas compartimos con vós o traballo feito polos alumnos de 2º e 3º de Primaria.

A partir dun anaco de conto  " As pitas baixo a choiva",de Ricardo Carvalho Calero, os nen@s de 2º fixeron a portada do libro, e os neno@s de 3º, despois de ler un anaco de "Agora" debuxaron a casa de Clara, a nena da historia.

Gracias polas vosas creacións!

UN AGASALLO DIFERENTE

Da editorial Kalandraka, compartimos "Un agasallo diferente" , narrado por Bea Campos.
Preme na portada.

Fonte: Kalandraka TV

xoves, 28 de maio de 2020

CARABUÑAS

A historia de hoxe, da autora Margarita del Mazo, está contado polos alumnos do CEIP Coirón Dena, de Meaño.

Fonte: Youtube-CEIP Coirón Dena

luns, 25 de maio de 2020

PALABRAS FERMOSAS

Que lingua tan bonita temos! Aquí queda reflexado coas fermosas  palabras que os nos@s alumn@s elexiron para conmemorar este mes das Letras Galegas.
Moitas grazas a tod@s os que participastes na creación deste video! Sodes fantásticos!

venres, 22 de maio de 2020

CONSELLOS DE RECICLAXE-SIMÓN PENA

E por ser venres, temos sesión musical . Simón Pena comparte con nós un magnífico Rap co que nos dá consellos de reciclaxe. Fantástico Simón!

YO VOY CONMIGO

Xa estamos outra vez na fin de semana. Aquí vos deixamos "Yo voy conmigo"un conto de Raquel Día Reguera,narrado por Rozalen.

Fonte: Youtube "La Caléndula"

xoves, 21 de maio de 2020

LOS TRES BANDIDOS

Disfrutade deste conto popular, é moi divertido!

Fonte: Youtube:cuentacuentos de Nieves Poudereux

mércores, 20 de maio de 2020

GUAPA

O conto de hoxe é unha preciosa historia que nos ensina que cada un é como é, e temos que estar orgullosos!

Fonte: CuentaCuentosCuenta-Youtube

luns, 18 de maio de 2020

UNA GALLINA EN LA AZOTEA

ABRAZAR CON PALABRAS

Comezamos a semana coa fantástica Charo Pita, que volve compartir con nós unha fantástica reflexión para facernos disfrutar coa lectura.
Moitas gracias pola túa colaboración! Esperamos verte pronto polo noso colexio!

xoves, 14 de maio de 2020

FEDELLA CARVALHO

Serás quen de resolver os retos da raposa Fedella?
Deixámosvos unha publicación en forma de revista na que poderás resolver distintos enigmas coa información sobre Ricardo Carbalho Calero que nela se che proporciona. (se premes no cadro do centro da publicación poderás vela en pantalla completa e ampliar a letra)
Ademáis, na última páxina da publicación, tes un reto final no que podes participar, organizado pola Cidade da Cultura.
Ánimo!

Fonte: Galicia, un relato no Mundo/Didácticas/ Cidadedacultura.gal

mércores, 13 de maio de 2020

martes, 12 de maio de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Hoxe temos un conto do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, Ricardo Carvalho Calero.
É un video elaborado por mestres de Infantil do CEIP Raquel Camacho.


Fonte: Youtube CEIP Raquel Camacho

luns, 11 de maio de 2020

PALABRAS MOI NOSAS: Letras Galegas 2020

Como sabedes, o domingo 17 de maio é o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero. Para que vaiades coñecendo cousas deste escritor, a profe Teresa elaborou este fantástico video con "Palabras moi nosas" decoradas entre tódolos mestr@s do colexio.
Quedoule xenial! Esperamos que o disfrutedes!

@S PROFES TAMÉN CONTAN

Comezamos a semana coa profe Ana, que nos conta unha fermosa historia. Escoitade con atención!

venres, 8 de maio de 2020

EL PEQUEÑO CONEJO BLANCO

Hoxe, quen nos conta a historia é tamén o escritor do libro, Xosé Ballesteros. Preme na portada!

TALLERES AlimentArte- Aula de 5 anos

Os alumnos de 6º de Infantil queren compartir con nós imaxes dos tres talleres que fixeron na clase con froitas, unha actividade dentro do proxecto AlimentArte.
Como comían! Debían de estar ben boas!

xoves, 7 de maio de 2020

mércores, 6 de maio de 2020

ARTE CULINARIA- NEN@S DA AULA DE 3-4 ANOS

A profe Monse fíxonos chegar uns videos nos que vemos aos alumnos de 4º e 5º de Infantil en plena creación artística-culinaria, cunhas obras moi "espaciais": foguetes e lúas. Que saborosas estaban!

@S ALUMN@S DE 6º DE INFANTIL CONTAN

Os alumnos de 6º de Infantil comparten con nós un conto que elaboraron a partir do proxecto de biblioteca. Son uns artistas!

martes, 5 de maio de 2020

ARTE CULINARIA- PASEO VIRTUAL

Aquí vos deixamos un paseo virtual polo museo da BiblioSilva, onde podedes ver todas xuntas esas fantásticas obras de arte culinaria que fixestes. Moitas grazas a tod@s pola vosa participación. Sodes uns verdadeir@s artistas! Non podemos estar máis orgullos@s!

@S PROFES TAMÉN CONTAN

Para comezar esta semana curta, queremos compartir con todos un conto lido por varios profes do cole e montado por Alba, a nosa especialista de Audición e Linguaxe.
Esperamos que vos guste, xa que está feito con moito agarimo e ilusión.

ARTE CULINARIA

Aínda nos queda algunha obra! Hoxe Roi de 2º curso enviounos un "trampantojo"  (algo que parece unha cousa pero que en realidade é outra). Que vos parece que fixo? Cervexa con olivas? Pois non! Paréceno, pero é zume de piña e melocotón con nata, acompañado de boliñas de chocolate. Como Roi dicía cando era pequeno, "Exquesito"!

venres, 1 de maio de 2020

MES DAS LETRAS GALEGAS

Aínda que  é festivo, comezamos un novo mes, un moi especial: o mes das LETRAS GALEGAS! 
Por iso non queremos que hoxe quededes sen conto. Ademáis, para comezar ben,  toca sesión doble. Primeiro, un conto, cunha contacontos especial, que de seguro aos nenos e nenas de 6º de Infantil lles vai facer moita ilusión escoitar: A profe Ana !




Para continuar,  un videoclip de Xandobela. A disfrutar !