luns, 12 de marzo de 2018

DIA DA MULLER E SEMANA DA PRENSA- 6º CURSO PRIMARIA

Con motivo da conmemoración do Día da Muller (8 de marzo) e ao mesmo tempo da Semana da Prensa na escola (do 5 ao 9 de marzo) o alumnado de 6º estivemos a realizar diversas actividades relacionas coas dúas temáticas partindo da análise de xornais tanto en soporte papel como dixital.

Para comezar, observamos exemplos de textos periodísticos de interese e tratamos de identificar cales eran noticias, cales artigos de opinión e cales entrevistas, sinalando neles as características que os diferenciaban. 

Por outra banda, tomamos nota das distintas seccións que podemos atopar nun xornal e, finalmente, seleccionamos varias noticias e asociámolas coas materias incluídas no noso currículo.

En canto aos recortes que atopamos que se centraban na defensa dos dereitos das mulleres, chamaron especialmente a nosa atención:

a) Un artigo de opinión da coñecida por todos nós María Canosa, no que mostra fervorosamente como se sinte ante os actos de violencia machista e a reacción da sociedade fronte aos mesmos.
b) Sendas noticias  que lembraban, por unha banda, a labor feminista de Virginia Woolf e, por outra, a celebración dos 100 anos de igualdade no voto en Reino Unido.

c) Textos dixitais diversos nos que descubrimos que a igualdade en Galicia en materia educativa hai pouco que se acadou, mais a igualdade no ámbito laboral aínda está por chegar.

Este é o noso traballo: