martes, 22 de decembro de 2020

BO NADAL !

 Rematamos un trimestre do máis atípico, pero que fomos sacando adiante coa colaboración de todos.

Só nos queda darvos as gracias pola vosa implicación nas actividades propostas e desexarvos que pasedes unhas moi Felices Festas, esperando que o 2021 nos vaia dando un respiro.

Deixámosvos unhas fantásticas recomendacións para seguir disfrutando da lectura este Nadal.



BO NADAL !

luns, 21 de decembro de 2020

PASAPALABRA POLO CAMIÑO

 Que ben o pasaron @s alumn@s de 5º e 6º co pasapalabra sobre o Camiño de Santiago que preparou Sheila, a nosa alumna-profe de prácticas. E canto aprenderon! Moitas grazas Sheila pola túa colaboración e implicación!





ÁRBOL DAS FELICITACIÓNS

 Xa están deseosos os alumn@s de 3º e 4º de descubrir as felicitacións que lles deixaron @s seus compañeir@s nesta orixinal árbore. Que  lles poñerán?



MOCHILA VIAXEIRA-HÉCTOR

 Siguen chegando os comentarios das mochilas. Desta vez, Héctor de 4º recoméndanos un libro que non podedes deixar de ler. Moitas gracias!



venres, 18 de decembro de 2020

MOCHILA VIAXEIRA- XAVI

 Gracias, Xavi, polos teus comentarios e o teu fantástico debuxo. Sigue soñando e disfrutando destes fantásticos libros!




luns, 14 de decembro de 2020

MOCHILA VIAXEIRA- DIMAS

 Encántanos ver cómo desfrutades coa mochila viaxeira. Gracias Dimas polas túas impresións e Bo Nadal a ti tamén!






mércores, 9 de decembro de 2020

MOCHILA VIAXEIRA-5º e 6º DE INFANTIL

 A mochila viaxeira regresa das casas do Equipo Azul. Con nós comparten as súas impresións e os seus traballiños. Moitas gracias !


luns, 30 de novembro de 2020

CAMIÑO DE NADAL

 A nosa exposición sigue cambiando cos meses. Engadimos un novo "camiño de lectura", onde atoparedes preciosas historias de Nadal.



PEREGRINOS QUE VEÑEN E VAN

 Xa está dispoñible na BiblioSilva o libro móbil que fixeron tódol@s alumn@s. A ver se eres quen de emparellar aos peregrin@s!






mércores, 25 de novembro de 2020

MOCHILA VIAXEIRA- NOA CANEDO

 Canto lle gustou o contido da mochila viaxeira a Noa de 3º de Primaria! Aquí nolo deixa reflexado. Gracias pola túa colaboración! 







25N

 Preciosa aportación d@s alumn@s de 3º e 4º de Primaria para conmemorar o Día Internacional da non violencia contra a muller. Desexamos que algún día non teñamos que celebrar esta data, xa que significará que por fin todas as mulleres poden vivir tranquilas.





luns, 23 de novembro de 2020

MOCHILA VIAXEIRA-VALERIA

 Hoxe chegáronnos as impresións de Valeria, de 1º Curso, sobre o contido da mochila. Ademáis envíanos unha foto na que vemos o que está aprendendo, xunto coa súa familia, sobre o Camiño de Santiago. Porque xa se sabe que a mellor forma de aprender é, ademáis de ler, visitar lugares. Como decía Cervantes: " O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito"

Moitas gracias!





25 N

 O día 25 deste mes celébrase o día Internacional da eliminación das violencias hacia a muller. Dende a BiblioSilva poñemos o noso gran de area para educar aos nosos alumn@s na igualdade de xénero e a non violencia. Xa podedes visitar a nova exposición na que atoparedes libros nos que se fala deste tema.



domingo, 15 de novembro de 2020

MOCHILA VIAXEIRA- 2º CURSO

 Os alumnos de 2º de Primaria ilustran a súa mochila viaxeira sacando bo proveito do seu contido. Preciosos debuxos ! Gracias por compartilos con nós !


ALICIA


MANUEL BERMÚDEZ


AITANA





MISTERIOS SEN RESOLVER . . .

 Gústanvos as historias de misterio ? Os alumnos de 6º escribiron uns relatos moi intrigantes ambientados na biblioteca. Esperamos que disfrutedes con eles ! 

"El Misterio de la biblioteca"- DARÍO

El misterio de la biblioteca


" El misterio de la biblioteca: el caso del niño desaparecido"- LEO

martes, 10 de novembro de 2020

MOCHILA VIAXEIRA- 5º-6º DE INFANTIL

 A Mochila Viaxeira xa visitou as casas do grupo amarelo. Envíannos uns traballos chulísimos!

Moitas grazas!

xoves, 5 de novembro de 2020

CLARA RECOMENDA E CONTA. . .

 Clara de 1º Curso vólvenos deleitar cun fermoso conto sobre as emocións. Prestade moita atención.

Moitas grazas por seguir colaborando! Fixéchelo moi ben !

MOCHILA VIAXEIRA- INFANTIL 3-4 ANOS

 Encántanos ver cómo disfrutan os máis pequeniños do cole coa Mochila Viaxeira. Ademáis disfrutamos moitísimo coas súas aportacións. Moitas grazas!

AINARA ALONSO



BLANCA



AINARA COSTA








martes, 3 de novembro de 2020

ENCAMÍÑATE COA LECTURA

Podedes visitar e BiblioSilva e disfrutar da exposición do Camiño de Santiago. Bo Camiño !



SIRA RECOMENDA E CONTA . . .

 Preciosa a colección que nos presenta Sira de 1º Curso. E precioso tamén o conto. Fixéchelo xenial ! Moitas grazas e cando queiras outro !


VALERIA RECOMENDA E CONTA . . .

 Valeria de 1º Curso recoméndanos dous fantásticos contos e ademáis, acompañada da súa mamá e da súa irmá, cóntanos un deles. Escoitádeo atentamente, seguro que aprendedes algo moi importante.

Moitas grazas pola vosa colaboración ! Estamos encantad@s de recibir os vosos contos !

luns, 2 de novembro de 2020

MOCHILA VIAXEIRA

 Simón Pena, de 3º Curso, comparte con nós as súas impresións e un fantástico debuxo da Mochila Viaxeira.




EXPO-SAMAÍN

 Xa tedes lista a exposición de Samaín. Pasade pola biblioteca e disfrutade da selección.





xoves, 29 de outubro de 2020

CLARA RECOMENDA E CONTA. . .

 Hoxe Clara, acompañada da súa irmá Blanca, recoméndanos e ademáis cóntanos unha entretida historia. Moitas grazas ás dúas! Fantástico Clara!

luns, 26 de outubro de 2020

CAMIÑO DO NORTE

 Os alumnos de 1º curso comezan a súa andadura: o Camiño do Norte. Prepararon a súa alforxa, a súa cuncha e xa teñen a súa credencial. 








Tamén teñen lista a súa indumentaria.











Xa están listos e moi contentos de comezar! BO CAMIÑO! ! !