xoves, 30 de abril de 2020

SOLUCIÓN RETO 4 E RESULTADO FINAL

Chegamos á fin deste concurso. Antes de poñer os resultados queremos agradecer a vosa participación. Esperamos que o teñades pasado tan ben coma nós preparando as pistas.
Non nos olvidamos dos premios nin da sorpresa para todos os participantes, que vos estarán esperando cando volvades ao cole. Esperamos que sexa pronto! Moitas grazas a todos!

Infantil, 1º e 2º de Primaria

A solución deste reto é : Mowgli

3º,4º,5º e 6º dePrimaria
Nesta categoría a solución é " A volta ao mundo en 80 días" de Julio Verne.

E as puntuacións finais son as seguintes:
Como vedes hai empates:

Educación Infantil: 1º posición: Zaira e Valeria
                               2ª posición: Antón
                               3ª posición: Jorge, Asier e Dimas
1º e 2º Primaria: 1ª posición: Sergio, Patricia e Gonzalo
                           2ª posición: Noa Costa e Simón Pena
                           3ª posición: Samuel
3º e 4º Primaria: 1ª posición: Simón García
                          2ª posición: Helena
                          3ª posición: Alejandro
5º e 6º Primaria: 1ª posición: Carla e Alba
                            2ª posición: Romeo
                            3ª posición: Brais

NO ES UNA CAJA e MAMÁ CABRA

Último día do mes de abril. E ademáis...temos unha fin de semana longa! Así que hoxe toca canción e conto.
Esta canción está gravada por Mamá Cabra co alumnado do CEIP Virxe da Barca de Muxía, e vainos ensinar cómo temos que coidar o fermoso planeta que temos. Prestade moita atención !


Seriades vós capaces de imaxinar tantas cousas cunha simple caixa? Despois de escoitar esta historia podedes intentalo !

mércores, 29 de abril de 2020

RETO 4- PISTA 3

Pistas 1,2 e 3- Infantil,1º e 2º


Pistas 1 e 2- 3º,4º,5º e 6º
-O argumento desta novela xira arredor dunha aposta.
-Esta novela, escrita inicialmente en francés, está ambientada na República Popular China, Hong Kong, Nova York, San Francisco, Londres, Liverpool e India.
-A novela conta as aventuras dun cabaleiro británico acompañado do seu inseparable criado, e foi producida como debuxos animados no 1983.

LAS LLAVES DE LOS SUEÑOS E A ESCALEIRA

Hoxe estamos xenerosos, así que...dous contos! Todos eles gracias ás aportacións de xente fantástica ! Fonte: Cuentos en la nube e Gravata TorLa

ARTE CULINARIA

Non deixan de chegar máis obras apetitosas!



martes, 28 de abril de 2020

RETO 4- PISTA 2

Pistas 1 e 2- Infantil, 1º e 2º de Primaria

Pistas 1 e 2- 3º,4º,5º e 6º
-O argumento desta novela xira arredor dunha aposta.
-Esta novela, escrita inicialmente en francés, está ambientada na República Popular China, Hong Kong, Nova York, San Francisco, Londres, Liverpool e India.

UN PERRO BLANCO E AJEDULANDIA

A Editorial Anaya tamén quere colaborar facéndonos máis levadeira esta estadía na casa. Comparte con nós varios enlaces entre os que hoxe vos deixamos dous: O conto " Un perro blanco" e un conto no que aprenderás cousas sobre o Xadrez.

luns, 27 de abril de 2020

CONCURSO-RETO 4-PISTA 1

Imos alá co último reto! Este xoves xa coñeceremos aos gañadores. E para darlle máis intriga, desta vez ninguén saberá se acertou ata o último día, xoves 30 de abril.
Pista 1- Infantil, 1º e 2º de Primaria




Pista 1- 3º,4º,5º e 6º Primaria
- O argumento desta novela xira arredor dunha aposta.

EL COCODRILO AL QUE NO LE GUSTABA EL AGUA

Este conto de Gemma Merino é moi bonito. Esperamos que vos guste!

ARTE CULINARIA

Aínda nos queda algunha obra por expoñer. Aquí volas deixamos. Semellan ben apetitosas !








sábado, 25 de abril de 2020

venres, 24 de abril de 2020

"EL CUADRADO DE MONDRIAN " e máis...

A Editorial Santillana tamén quere facernos a estancia na casa máis agradable, compartindo con nós fabulosos contos narrados. Hoxe queremos compartir " El cuadrado de Mondrian". Esperamos que vos guste.

Ademáis, por ser venres, hai sesión dobre e compartimos con vós un video no que Pakolas e Laura Romero nos avanzan unha canción do seu novo libro-disco " Ramona Órbita"

ARTE CULINARIA

Hoxe recibimos obras de dous artistas novos e de outros dous que repiten. Moitas grazas polas vosas preciosas obras !






xoves, 23 de abril de 2020

SOLUCIÓN RETO 3

Infantil-1º e 2º Primaria
Faciliño! Como ben apuntou algún neno, os pantis verdes e os pés sobre unha nube delatábano. É Peter Pan!
3º- 4º -5º e 6º Primaria

Neste caso a solución é: "Harry Potter e a pedra filosofal", un libro escrito por J.K. Rowling

As puntuacións despois deste terceiro reto quedan do seguinte xeito:



ARTE CULINARIA

Xa temos máis obras. E novamente, algún repite. Encántanos que así sexa, eso significa que disfrutan con este tipo de arte que ademáis...pódese comer!





FELIZ DÍA DO LIBRO !

Hoxe temos unha gran celebración: O DÍA DO LIBRO.  Por iso imos comenzar coa aportación de Brais e Nerea e continuaremos con contos, curiosidades,cortos...Unha selección para que poidades disfrutar deste día!

NEREA E BRAIS CONTAN
Para comezar a celebración, Nerea e Brais quérennos agasallar cun momento de diversión. Pinchade na imaxe e verédelos. Moitas grazas por facernos pasar un rato moi ameno!


ALGUNHAS CURIOSIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO


  • O Día Mundial do Libro festéxase cada 23 de abril por ser a data na que se conmemora o pasamento de tres importantes escritores , que faleceron ese mesmo día de diferentes anos: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
  • O libro máis pequeno do mundo é un exemplar de 2012 creado en Xapón que mide 0,75 milímetros.
  • O libro máis grande recollido no Guinnes mide cinco metros de largo, catro de ancho e un e medio de grosor. Trátase dunha biografía do profeta Mahoma.
  • Gústache o olor dos libros vellos? Eso chámase "bibliosmia".
  • A finais do século XIX e principios do XX as estanterías das bibliotecas inglesas estaban divididas entre libros escritos por mulleres e aqueles con autores homes. Só estaba permitido xuntar libros de autores masculinos e femininos se se trataba de matrimonios.
  • No antigo Exipto as bibliotecas eran coñecidas como os "tesouros dos remedios da alma" porque gracias a elas se podía "curar" a ignorancia, a que consideraban a máis perigosa das enfermidades.
  • O novelista que escribiu máis novelas, segundo o libro Guiness, é Ryoki Inoue, un escritor brasileño de orixe xapónés que, con 62 anos tiña publicadas 1072 novelas.
  • O autor de " O Mago de Oz", Frank Baum, inspirouse nun caixón de arquivador no que leu O-Z para atopar o nome axeitado ao país imaxinario de Oz.
  • Louis Braille creou o método de lectura mediante o tacto para persoas invidentes e a partir de 1827, publicáronse os primeiros libros mediante este sistema.
  • A biblioteca máis grande do mundo é a Biblioteca do Congreso de Estados Unidos, en Washington D.C.

ROBERTO EL ESCULTOR DE NUBES

Con esta historia seguro que vos animades a ler un montón de libros




OS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES
Esta pequena, divertida e orixinal historia fará que vexas os libros coma os teus mellores amigos.

MANUALIDADES PARA O DÍA DO LIBRO



Fonte:Vídeos de Youtube:Guillermo Matia-Babyradio-Cosas para peques B y BR