xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO !

Hoxe temos unha gran celebración: O DÍA DO LIBRO.  Por iso imos comenzar coa aportación de Brais e Nerea e continuaremos con contos, curiosidades,cortos...Unha selección para que poidades disfrutar deste día!

NEREA E BRAIS CONTAN
Para comezar a celebración, Nerea e Brais quérennos agasallar cun momento de diversión. Pinchade na imaxe e verédelos. Moitas grazas por facernos pasar un rato moi ameno!


ALGUNHAS CURIOSIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO


  • O Día Mundial do Libro festéxase cada 23 de abril por ser a data na que se conmemora o pasamento de tres importantes escritores , que faleceron ese mesmo día de diferentes anos: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
  • O libro máis pequeno do mundo é un exemplar de 2012 creado en Xapón que mide 0,75 milímetros.
  • O libro máis grande recollido no Guinnes mide cinco metros de largo, catro de ancho e un e medio de grosor. Trátase dunha biografía do profeta Mahoma.
  • Gústache o olor dos libros vellos? Eso chámase "bibliosmia".
  • A finais do século XIX e principios do XX as estanterías das bibliotecas inglesas estaban divididas entre libros escritos por mulleres e aqueles con autores homes. Só estaba permitido xuntar libros de autores masculinos e femininos se se trataba de matrimonios.
  • No antigo Exipto as bibliotecas eran coñecidas como os "tesouros dos remedios da alma" porque gracias a elas se podía "curar" a ignorancia, a que consideraban a máis perigosa das enfermidades.
  • O novelista que escribiu máis novelas, segundo o libro Guiness, é Ryoki Inoue, un escritor brasileño de orixe xapónés que, con 62 anos tiña publicadas 1072 novelas.
  • O autor de " O Mago de Oz", Frank Baum, inspirouse nun caixón de arquivador no que leu O-Z para atopar o nome axeitado ao país imaxinario de Oz.
  • Louis Braille creou o método de lectura mediante o tacto para persoas invidentes e a partir de 1827, publicáronse os primeiros libros mediante este sistema.
  • A biblioteca máis grande do mundo é a Biblioteca do Congreso de Estados Unidos, en Washington D.C.

ROBERTO EL ESCULTOR DE NUBES

Con esta historia seguro que vos animades a ler un montón de libros




OS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES
Esta pequena, divertida e orixinal historia fará que vexas os libros coma os teus mellores amigos.

MANUALIDADES PARA O DÍA DO LIBRO



Fonte:Vídeos de Youtube:Guillermo Matia-Babyradio-Cosas para peques B y BR

Ningún comentario:

Publicar un comentario