venres, 3 de abril de 2020

CONCURSO MES DO LIBRO

O 23 de abril é o día do Libro, así pois, este mes estará adicado, como non, ao LIBRO.

Dende o Equipo de Biblioteca propoñémosvos un actividade-concurso. Para  poder concursar tedes que visitar o Blog. COMEZAREMOS O LUNS 6 DE ABRIL.

Tería dúas modalidades, unha para Infantil e 1º e 2º de Primaria, e outra para 3º-4º-5º e 6º de Primaria.

MODALIDADE PARA INFANTIL-1º- E 2º DE PRIMARIA
-        Consiste en adiviñar o personaxe dun conto mediante pistas.

-        Daranse tres pistas, unha por día, que se poñerán no Blog da Biblioteca (polo que cada día teredes que visitalo)

-        As pistas consistirán nun anaco de debuxo do personaxe que hai que adiviñar.

-        Podedes dar a resposta o primeiro día, o segundo ou o terceiro, pero só podedes facelo unha vez. Se dades a resposta o primeiro día e coa segunda pista pensades que non era o personaxe, xa non poderedes cambiar a resposta. Así que, pensádeo ben!

-        Conseguiredes puntos dependendo do día no que dedes a resposta, do seguinte xeito:
o   Se a dades coa primeira pista: 5 puntos
o   Se a dades coa segunda pista: 2 puntos
o   Se a dades coa terceira pista: 1 punto

-        As pistas poñeranse sobre as 8 da tarde, e tedes ata as 8 da tarde do día seguinte para enviar a resposta antes de que se publique a seguinte pista. Se o facedes despois da publicación da seguinte pistas levaríades xa a puntuación correspondente a ese día.
-        O cuarto día publicaremos a solución e comezaremos con outro personaxe (un personaxe por semana).

-        Os tres que acaden máis puntos recibirán un premio (1º,2º e 3º)
-        Haberá tres premios para Infantil e tres para 1º e 2º.
-        Todos os participantes recibirán unha sorpresa polo seu esforzo.

-        Enviade as vosas respostas ao correo que se vos indicou nunha mensaxe privada. Non vos olvidedes de poñer o voso nome e o voso curso.


MODALIDADE PARA 3º-4º-5º e 6º DE PRIMARIA

-        Consiste en adiviñar o título dun conto, novela, cómic…actual ou clásico mediante pistas.

-        Daranse tres pistas, unha por día,  que se poñerán no Blog da Biblioteca (polo que cada día teredes que visitalo).

-         Coas pistas teredes que ir investigando na Internet a ver qué descubrides cada día. Tamén podedes preguntar aos maiores.

-        Podedes dar a resposta o primeiro día, o segundo ou o terceiro, pero só podedes facelo unha vez. Se dades a resposta o primeiro día e coa segunda pista pensades que non era ese título, xa non poderedes cambiar a resposta. Así que, pensádeo ben!

-        Conseguiredes puntos dependendo do día no que dedes a resposta, do seguinte xeito:
o   Se a dades coa primeira pista: 5 puntos
o   Se a dades coa segunda pista: 3 puntos
o   Se a dades coa terceira pista: 2 puntos
o   Se despois da terceira aínda non descubriches o título, aínda podes gañar 1 punto se polo menos descubriches o autor ( título + autor valen 6 puntos, 4 ou 3 en función da pista)

-        As pistas poñeranse sobre as 8 da tarde, e tedes ata as 8 da tarde do día seguinte para enviar a resposta antes de que se publique a seguinte pista. Se o facedes despois da publicación da seguinte pistas levaríades xa a puntuación correspondente a ese día.
-        O cuarto día publicaremos a solución e comezaremos con outro título (un título por semana).

-        Os tres que acaden máis puntos recibirán un premio (1º,2º e 3º)
-        Haberá tres premios para 3º e 4º e tres para 5º e 6º.
-        Todos os participantes recibirán unha sorpresa polo seu esforzo.

-        Enviade as vosas respostas ao correo ao correo que se vos indicou nunha mensaxe privada . Non vos olvidedes de poñer o voso nome e o voso curso.



Haberá 4 RETOS, un por cada semana que queda de mes de abril.

As pistas poñeranse os luns, martes e mércores (cada día engadirase unha pista nova á anterior), e o xoves darase a solución e os puntos parciais de cada participante.

O 30 de abril darase a solución do Reto 4 e a puntuación final, co nome dos gañadores/as.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Ningún comentario:

Publicar un comentario