martes, 24 de outubro de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR



Hoxe foi un día de celebración! Nada máis e nada menos que o día da Biblioteca Escolar. E que mellor ocasión para realizar as primeiras lecturas apadriñadas!












mércores, 18 de outubro de 2017

INFANTIL E A PINTURA

Os nosos pequerrechos xa están inmersos nas Belas Artes. Están empezando a coñecer a grandes pintores e... ata se atreven a imitalos!!!
 A verdade é que Matisse pode estar ben orgulloso da reprodución dos seus cadros!!




Reprodución do Cadro Orixinal


Reprodución Libre



xoves, 28 de setembro de 2017

APORTACIÓN DE 1º CURSO

Os máis pequenos de Educación Primaria xa están comezando a coñecer as Belas Artes. Apórtannos a súa montaxe do mini-libro. Precioso!



xoves, 14 de setembro de 2017

FELIZ CURSO 2017-2018



Xa estamos de volta!


Empezamos o novo curso con moitas ganas, e esperamos que disfrutedes un ano máis coas marabillosas e emocionantes aventuras que atoparedes na nosa Biblioteca.

Xa temos o tema do Proxecto deste ano: As Belas Artes.




Ao longo deste primeiro trimestre iremos facendo en cada aula unha introdución ao proxecto e decoraremos as portas.

A distribución é a seguinte:

  • Educación Infantil: A Pintura
  • 1º Primaria: A Escultura
  • 2º Primaria: A Danza
  • 3º Primaria: A Arquitectura
  • 4º Primaria: A Literatura
  • 5º Primaria: A Música
  • 6º Primaria: O Cine

Premendo no seguinte ENLACE tedes un documento, que podedes descargar, para elaborar un mini-libro explicativo sobre as  Belas Artes.

Estade atentos ao Blog para ver tódalas actividades deste curso.

martes, 20 de xuño de 2017

TALLER DE CREACIÓN LITERARIA

Os alumnos de 5º e 6º curso fixeron unha magnífica aportación ao blog de biblioteca. Despois de realizar un taller de creación literaria, este foi o resultado de todo o aprendido. Aquí nolo amosan en formato libro.

mércores, 17 de maio de 2017

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Para os que non poidestes asistir, aquí vos deixamos o video coas distintas actuacións. Esperamos que vos gusten!

CONCURSO NARRACIÓNS CURTAS

Coincidindo coa celebración do Festival do Día das Letras Galegas, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística fixo entrega dos premios do concurso de narracións curtas. Os gañadores recibiron o premio xunto co membro da familia co que colaboraron para a redacción da mesma.
Moitas gracias pola vosa participación!

1º Categoría ( Infantil)- Miguel 
2ª Categoría ( 1º e 2º de EP)- Helena
3ª Categoría ( 3º e 4º de EP)- Antía
4ª Categoría ( 5º e 6º de EP)- Claudia


Tamén o Equipo fixo entrega dun merecido agasallo a tódolos participantes, que redactaron unhas narracións magníficas. 

Poderedes ler as narracións gañadoras no xornal anual do colexio.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!






Fonte: videos de Youtube

mércores, 26 de abril de 2017

TALLER DE ESCRITURA

Esta mañá os alumnos de 5º e 6º asistiron na biblioteca a un taller de escritura impartido pola editorial Kalandraka. A partir do libro "Bocaberta. Imaxina animais" e de fichas con debuxos de distintos obxectos, tiveron que, a partir do obxecto que tiñan, inventar un animal, facer o debuxo e describir as súas características principais. 
O taller estivo moi interesante, e os rapaces disfrutaron moito.



venres, 21 de abril de 2017

CONCURSO


Hoxe rematou o plazo para entregar as narracións breves do concurso familiar convocado polo Equipo de Dinamazación Lingüística. Pronto coñeceremos ao gañador.

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO

Hoxe puidemos descubrir o libro favorito de cada un dos nosos alumnos.



Ademáis, para completar a celebración do Día do Libro, tivemos a 3ª sesión das lecturas apadriñadas e, un ano máis, o Concello agasallounos cun fantástico libro. Moitísimas gracias!!




Podedes ver máis fotos pinchando no seguinte ENLACE

martes, 18 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO


Ao longo desta semana os nosos rapaces están a preparar uns traballiños, no que cada un nos descubrirá cal é o seu libro preferido. O venres poderemos velos, xa que quedarán expostos no colexio, coincidindo coa celebración do día do libro.

E lembrade....

Fonte: Google fotos

luns, 13 de marzo de 2017

AS SETE MARABILLAS

Despois do traballo de investigación que realizaron os nosos alumnos, aquí temos o resultado: un mapa onde podemos visualizar a localización de cada unha e aprender sobre a marabilla e o país no que está situada.


Agora só nos queda facer unha cousa: IR VISITALAS!!!!

xoves, 2 de marzo de 2017

CONTACONTOS

Hoxe recibimos a visita de Paco Nogueiras, que nos presentou uns contos fantásticos e super entretidos. Pasámolo xenial!!!




venres, 27 de xaneiro de 2017

DÍA DA PAZ




Para comezar coa celebración do Día da Paz, xa temos preparados os libros para que os nosos alumnos os poidan disfrutar. Colocamos un expositor na entrada do colexio, e alí poden aproveitar estes días de frío para ler nos recreos.