xoves, 29 de novembro de 2012

REINO UNIDO
Esta vez o país no que estivo Buluchi foi o Reino Unido. Visitou a súa capital : Londres, e deixounos unhas fotos preciosas.
As respostas ás outras preguntas son as seguintes:
- O río é o Támesis.
- A noria chámase London Eye.
- Os buses e as cabinas son de cor vermella.
- A ponte levadiza chámase Tower Bridge.
- O nome da campá do reloxo é Big Ben.
- O famoso asasino era Jack o Destripador.
- A abadía é a de Westminster.
- O distrito onde se celebra o campeonato de tenis é Wimbledon.
- A praza onde se coloca a árbore chámase Trafalgar Square.
- Londres ten varios equipos de futbol, entre eles o Arsenal, Chelsea, Millwall, Tottemham, West Ham United.


martes, 20 de novembro de 2012


Ola de novo:

Alegroume moito saber que estades a participar no concurso. A primeira pregunta era moi fácil!
Así que agora, para darlle máis emoción vouno facer un pouco máis difícil. Seredes capaces de adiviñar que lugar acabo de visitar?

Por iso, vouvos facer varias preguntas a ver cántas sodes capaces de contestar. Algunhas son máis difíciles que outras, pero non vos preocupedes, estou seguro de que o conseguiredes.

1- Estiven no país no que vive Lamorna. Como se chama?
2- Tiña ganas de visitar todo o país, pero como non teño moito tempo, so puiden estar na súa capital. Cal é?
3- A súa capital está construída á marxe dun río moi coñecido. Que río é este?
4- Na cidade hai unha sorprendente noria de 135 metros de altura. Sabes cal é o seu nome?
5- Sabes cal é a cor dos buses e das cabinas de teléfono desta cidade? ( pincha AQUÍ e terás a resposta).
6- Nesta cidade hai un distrito onde se celebra un campeonato de tenis moi coñecido. Cal é o seu nome? ( pincha AQUÍ e terás a información que precisas).
7- Poderías decir o nome da campá dun famoso reloxo que hai nesta cidade?
8- Investiga e dime o nome dun famoso asasino que cometeu varios crímenes nesta cidade.
9- Coñeces algún equipo de futbol desta cidade. Dime dous nomes.
10- No Blog de relixión tes outra pregunta. Se escribes a resposta terás outro punto.
11- Pódesme dicir o nome desta ponte levadiza.


Espero ter pronto as vosas respostas e que vos divirtades investigando.
Lembrade que vos mandarei fotos desta cidade tan fermosa.

Ah, casi me esquezo! Na parte de arriba deste Blog tedes unha pestana na que podedes consultar as puntuacións que ides acadando no concurso.

Eu sigo coa miña viaxe. Un saúdo e ata pronto.

                                                                   BULUCHI



Este día está adicado á fraternidade e a comprensión entre os nenos e nenas do mundo enteiro.

O neno debe disfrutar de todos os dereitos sen importar o seu sexo, a súa nacionalidade, raza, relixión, idioma...

Queres saber algo máis sobre outros nenos do mundo e o lugar onde viven? Na biblioteca poderás atopar este interesante libro.

martes, 13 de novembro de 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS


Un ano máis poñemos en marcha a MOCHILA VIAXEIRA. O material da mochila non é só para o neno que a leva, senón que é para compartir con todos os membros da familia (pais, irmáns, avós…).
As directrices para traballar coas mochilas son as seguintes:
-          Non fai falta ler todo, pero si valorar o seu contido para ver as cousas interesantes que hai na biblioteca do cole e que poden levarse a casa.

-          Tedes 10 días para ver o contido da maleta (levádela un venres e devolvédela un luns)

-          Coidade ben o que levades nela, é algo de todos e ten que servir para que o vexan os vosos compañeiros.

-          Inclúese un diario onde podedes anotar as vosas impresións sobre os contidos da mochila, facer un debuxo ou calquera outra cousa que se vos ocurra: inventar un conto para que outros o lean, escribir lendas populares, cantigas,adiviñas, …  e que queirades compartir cos demais.

 Se tedes algunha dúbida, xa sabedes que podedes consultala sen problema.
 

GRAZAS POLA ACOLLIDA NAS VOSAS CASAS E BOA VIAXE.



FRANCIA

A primeira pregunta que nos fixo Buluchi era moi fácil. O país era Francia.

No mural da entrada temos algunhas fotos que nos deixou da súa visita.

Xa estamos desexando recibir a seguinte carta e saber en qué parte do mundo está agora!







martes, 6 de novembro de 2012




Ola a todos!
 Por fin cheguei ó meu destino!

Saín da Silva coa miña bicicleta pensando que ía ser menos camiño, pero a verdade é que está algo lonxe. Por iso tardei tanto en mandarvos esta primeira carta. Para a próxima vez utilizarei outro medio de transporte!

Quero amosarvos todo o que vin, pero primeiro tedes que adiviñar onde estou. Déixovos unas pistas:
-         Atravesei os Pirineos

-         Visitei un parque temático moi famoso

-         Subín a unha torre moi alta situada no Campo de Marte

-         Ten unas fermosas praias

-         Visitei o Castelo de Loira

-         Vin unha catedral na que se ambientou un conto moi coñecido dun chepudo

-         Falan francés

EN QUE PAÍS ESTOU?

ANIMÁDEVOS a descubrir este país tan bonito que visitei. Despois ensinareivos as fotos.


Buluchi

P.D.: Por certo, ENCANTOUME  a decoración do cole!!!
BULUCHI POLO MUNDO
 Como ben nos adiantou Buluchi na súa carta, o proxecto de Biblioteca deste ano é "Unha viaxe polo mundo". Ó longo do curso iremos coñecendo algúns  aspectos relacionados con lugares interesantes de todo o mundo ( tradicións, contos populares, monumentos importantes...). Realizaremos distintas actividades das que vos manteremos informados.
A primeira, foi decorar as portas con motivos de distintos continentes. Tamén decoramos a biblioteca cos distintos medios de transporte que pode utilizar Buluchi para as súas viaxes.
Na entrada do cole colocamos un mapa mundi onde iremos sinalando os distintos lugares polos que vaia viaxando Buluchi. Para iso estamos á espera da súa próxima carta, na que nos informe cal é o primeiro lugar que visitou.
Mentres, deixámoslle as fotos da nosa decoración. A ver se lle gusta!