domingo, 27 de novembro de 2022

 PISTA 3 E SOLUCIÓN


Todo o alumnado de primaria atopou a solución á pista 3. Os de primeiro animáronse a escribir o resultado nas súas pizarras:


En Xesteda parece que tampouco  hai rastro do torque...  que mágoa!!

luns, 21 de novembro de 2022

 MOCHILA VIAXEIRA

ZAIRA/1º PRIMARIA



 SOLUCIÓN PISTA 2

Toda a rapazada descubriu que Román empeza a súa busca na igrexa do Adro de Rodís. Rodís era a palabra agochada no encrucillado.



xoves, 17 de novembro de 2022

PISTA 2

ROMÁN SEGUE O SEU CAMIÑO. 

REMOU POLO RÍO LENGÜELLE, E DERREADO DE TANTO REMAR FOI DESCANSAR Á FEIRA DAS NENAS. 

EN QUE PARROQUIA SE CELEBRA ESA FEIRA? (A RESPOSTA AGÓCHASE NO ENCRUCILLADO)





luns, 14 de novembro de 2022

LECTURAS APADRIÑADAS

O día 24 de outubro celebrouse o día das bibliotecas. Tiñamos previsto facer ese día os apadriñamentos lectores. Pero como había  moitos virus circulando polo colexio, deixámolas para cando a rapazada estivera san. 
Por fín o venres 11 con un sol radiante, padriños e madriñas léronlle a os seus afillados e afilladas. E agasallaronos con uns debuxos ben xeitosos.


 

 

xoves, 10 de novembro de 2022

 SOLUCIÓN PISTA 1

a rapazada andivo case tan rápida como román e atopou a solución a pista nº 1.

os de primeiro, fotografaronse coa resposta unha vez que remataron o seu traballo







martes, 8 de novembro de 2022


COÑECENDO CERCEDA 
CON ROMÁN 
E O TORQUE DE OURO

Co fin de coñecer un pouco o Concello de Cerceda, a rapazada de primaria anda liada  cun xogo de pistas. 

Que agochará a pista 1?




venres, 4 de novembro de 2022

 MOCHILAS VIAXEIRAS

TELMO/1º PRIMARIA


A mochila viaxeira foi ata a casa de Telmo e o caderno viaxeiro voltou  cargadiño  de noticias importantes: 

- os libros que máis lle gustaron a Telmo

- o cómic que debuxou de Super Cenoria

- a torta de nubes que elaborou coa súa irmán Ánxela e cos seus papás

-as cantigas sobre Cerceda que  cantou  a súa avoa

- a lenda sobre a Pedra Cerdeira e o mapa do tesouro dos mouros, que lle contou a avoa



GRACIÑAS FAMILIA!!!💗💕💟