xoves, 30 de xaneiro de 2014

DÍA DA PAZ

Hoxe tivemos a nosa celebración do día da Paz. Ó longo desta semana, os nosos alumnos esforzáronse moito escribindo contos e facendo debuxos sobre temas relacionados coa paz: amizade, non discriminación... Hoxe entregamos os premios ós mellores , aínda que hai que dicir que foi unha decisión difícil, xa que todos estaban moi ben.
Relacionando a Paz coa temática da biblioteca deste ano, os oficios, aproveitamos para facer unha fotomontaxe na que destacamos que todos os profesionais son iguais de necesarios, que non hai un traballo máis importante que outro.
Aquí vos quedan unhas fotos.