luns, 25 de xuño de 2018

FELIZ VERÁN!!!

Rematamos un novo curso! Esperámosvos o curso que ven con novas actividades e novos libros na nosa biblioteca.

Lembrade que non hai nada mellor que disfutar o verán cunha boa lectura nas vosas mans.

FELICES VACACIÓNS!!

OS PRECURSORES DO CINE-6º DE PRIMARIA

Para rematar o curso, os alumnos de 6º curso fixéronnos outra aportación sobre os precursores do cine: o zoótropo e o flipbook.



Flipbook from Mariña on Vimeo.
Zoótropo from Mariña on Vimeo.

martes, 12 de xuño de 2018

AGASALLO POLA PARTICIPACIÓN NA ACTIVIDADE "ROSALÍA VERSO A VERSO"- 6º CURSO

Con motivo da participación na actividade "Rosalía verso a verso", o alumnado de 6º de Primaria recibiu esta mañá un lote de libros, dous CDs e un DVD para o colexio.
Na entrega deste material estivo presente Irene, representante da Mancomunidade de Ordes; Francisco, Concelleiro de Cultura e Pablo, reporteiro gráfico.
Agradecemos moito este agasallo do que poderán gozar todos os nenos e nenas do centro.

domingo, 10 de xuño de 2018

OBRADOIRO DE TAUMATROPOS-6º DE PRIMARIA

Continuando con actividades enmarcadas no proxecto da Biblioteca, "Buluchi e as Belas Artes", os nenos e nenas de 6º quixeron organizar un "obradoiro de taumatropos" para presentar aos máis pequenos do colexio este xoguete óptico que, xunto co flipbook, o zoótropo e as sombras chinescas, é un dos precursores do cine.
Nesta ocasión, as imaxes que escollemos foron unha flor e unha abella, pois o alumnado de tres anos está a traballar con esta temática no seu proxecto de aula.
Se quedades con curiosidade por saber máis sobre todas estas técnicas para adentrarnos no mundo dos debuxos animados, estade moi atentos ao xornal escolar deste ano: alí publicaremos todas as claves!