xoves, 24 de outubro de 2013


                                         Carla  Ramilo- 2º Curso de Educación Primaria


mércores, 23 de outubro de 2013

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR


O xoves 24 de outubro conmemoramos o día da Biblioteca Escolar. Animámosvos unha vez máis a que vos acheguedes á nosa biblioteca para poder ler algún dos marabillosos libros que temos.

Se queredes, e seguindo o lema do cartel, podedes ler algún libro de Ciencia. Podémosvos recomendar (entre outros) algún como:
-Luz y sonido.
- Mi primer Larousse de Ciencias.
- Materiales.
- Inventos: Inventores e inventos xeniais.
- Hombre y máquinas.
- ¿Sabes cómo funciona?
- Experimentos fáciles y divertidos.
- Había una vez una gota de lluvia.


venres, 18 de outubro de 2013

UNHA MAÑÁ CON XOSÉ NEIRA VILAS

AS NOSAS IMPRESIÓNS
 Gustoume moito coñecer a un escritor coma Xosé Neira Vilas, porque loitou moito. Quería ser músico pero acabou de escritor. Fixo 50 libros. Escribiu "Memorias dun neno labrego" en 3 meses e medio. É un home chistosillo. Gustáronme moito os libros del porque os expresou coma na súa vida real.       Iván Pereira

Xosé Neira Vilas é moi simpático e moi falador. Gustoume que algunhas historias dos libros eran verdade. Gustoume moito.       Iván González


Paseino moi ben porque era un home moi bo e moi divertido. É moi maior, pero aínda se acordaba de todos os libros que escribira, cando os escribira...Tamén me gustou cando una nena lle preguntou qué quería ser de maior cando era neno, e el contounos un chiste.     Iria

A idea de traer a Xosé Neira Vilas ao auditorio de Cerceda pareceume ben. É o único escritor que coñezo en persoa. Gustáronme as actuacións que fixeron os outros rapaces do colexio de Cerceda o do colexio da Silva. Paseino moi ben.      Ana


Onte paseino fenomenal con Xosé Neira Vilas porque foi moi divertido con nós. Gustoume moito o que nos contou de cando viaxou por países. Contounos un chiste e rímonos moito. Laura

A miña mañá  con Xosé Neira Vilas gustoume moito porque para o maior que é ten moita memoria. Gustoume moita a actuación dos de 4º de secundaria aínda que non se acordaron de todo o texto. Tamén me gustou a entrega de premios a Xosé Neira Vilas, e cando nos firmou autógrafos.    Elisa

Gustoume cómo se acordaba das cousas e tamén como explicou todas as preguntas que lle preguntaron.       Miguel

Gustoume moito ir visitar a Xosé Neira Vilas porque puidemos falar con el e contounos cómo vivían os nenos de antes. Fixémoslle preguntas e el respondeunas. Tamén nos contou algo sobre os seus libros e a onde viaxara.    Samuel

Neira Vilas respondeunos a todos os nenos as preguntas. Aplaudiu todos os nosos traballos. Cando acabou a nosa obra " O espantallo amigo" démoslle unha figura do espantallo. Tamén fixemos a canción "O Vento", e por último firmounos os libros.    Iker

Autores: Alumnos de 5º de Primaria

martes, 15 de outubro de 2013

Este xoves, os nosos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria están invitados polo Concello de Cerceda a coñecer ó gran escritor galego Xosé Neira Vilas.
De regreso seguro que nos contan moitas cousas interesantes sobre a súa vida e obra. Mentres tanto, deixámosvos unha pequena información sobre este escritor.