domingo, 30 de outubro de 2022

IV CONCURSO DE MARCAPÁXINAS DA BIBLIOSILVA

Celebramos o día das bibliotecas facendo entrega dos agasallos aos finalistas e á gañadora do IV CONCURSO DE MARCAPÁXINAS. 
Desexamos que o lema que presentou Alicia: CERCEDA VOLTA AO AZUL, sexa presente e futuro para o noso Concello de Cerceda.



 

xoves, 27 de outubro de 2022

 MOCHILAS VIAXEIRAS

COÑECENDO CERCEDA


Artai de 5º de infantil  trouxo de volta a mochila viaxeira.  

A  bisavoa de Artai cantaba moito unha cantiga sobre a parroquia de Rodís. E a súa familia escribiuna para nos  no  Caderno Viaxeiro:

GRACIÑAS FAMILIA!!💚

martes, 25 de outubro de 2022


COÑECENDO CERCEDA

Neste curso pretendemos coñecer un pouco máis o concello ao que pertence o noso cole.
Para o  mes de outubro, Silviña propuxo  un xeróglifo ao alumnado de primaria:



1º PRIMARIA
Aínda que parece un pouco difícil, á rapazada de primeiro de primaria non lle costou nadiña  resolvelo. 
Ata se animaron a debuxar a festa á que se refería o xeróglifo.

Son uns artistas. Velaquí tendes a proba:




3º PRIMARIA


O alumnado de terceiro de primaria tamén descubriu que a resposta do xeróglifo era: FEIRA DAS NENAS

E  investigando, investigando...  Izan e José Lamas Catro, o seu avó, atoparon unhas coplas do ano 1992, que un home  lle adicou a esta festa tan importante para a parroquia de Rodís e para todo o concello de Cerceda. 

 Atoparon tamén  O CONTO DUN BAILE, e unha foto do Campo da Feira das Nenas


💛💚💙💜💛💚💙💜
 
Clara preguntou na súa casa. O seu avó Guillermo e a súa mamá Sonia, contáronlle que a Feira das Nenas  tamén se chama feira de Abril:



4º/5º INFANTIL



Os alumnos de 4º/5º de infantil respostaron moi ben á pregunta de Silviña:




mércores, 19 de outubro de 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS - 3º DE PRIMARIA

 Valeria foi a primeira en levar a mochila deste curso. De volta xa no cole contounos as súas impresións. 

A mochila continúa a súa viaxe!






martes, 18 de outubro de 2022

 MOCHILAS VIAXEIRAS

1º PRIMARIA/5º PRIMARIA


XA CHEGARON DAS CASAS ALGUNHAS MOCHILAS. E VIÑERON CARGADIÑAS DE APORTACIÓNS FANTÁSTICAS.

AIMAR DE 1º DE PRIMARIA ATREVEUSE A ESCRIBIR SOBRE TODOS OS LIBROS DA MOCHILA DA SÚA AULA. E PUXO EN PRÁCTICA UNHA RECEITA DO LIBRO DE COCIÑA COA AXUDA DA SÚA IRMÁN AINARA.



A DARÍO DE QUINTO DE PRIMARIA, GUSTOULLE  LA COCINA DE MATILDA. 

E GRACIAS Á AXUDA DA SÚA FAMILIA COÑECEMOS UNHA LENDA E UNHA HISTORIA DA PARROQUIA DE RODÍS. 

QUE ALEGRÍA RECIBIR  INFORMACIÓN  SOBRE O NOSO CONCELLO!! 👌👌




                                                                               👍