xoves, 29 de decembro de 2022

MOCHILA VIAXEIRA-3º PRIMARIA

 Ao longo deste trimestre a mochila foi viaxando polas casas. Estas son algunhas das aportacións. Moitas gracias!!

ASIER



NOA

SIRA


CLARA














luns, 19 de decembro de 2022

 MOCHILA VIAXEIRA

ENZO/1º PRIMARIA


Parece que a Enzo lle gustou moito o cómic de SUPERPATACA que ía na súa mochila viaxeira. 

No caderno fixo para nos un debuxo ben xeitoso.


Ben feito Enzo 👍 Eres un artista.


venres, 16 de decembro de 2022

 MOCHILA VIAXEIRA

4º/5º INFANTIL

Mateo e a súa familia escribiron no caderno viaxeiro unha historia ben fermosa sobre os Muiños de Penoubiña:





Graciñas a bisavoa de Mateo, que aos seus 90 anos lembrou esta historia de cando era nena. 
💟💟💟💟💟💟

domingo, 4 de decembro de 2022

 PISTA 4 E SOLUCIÓN

O xogo de pistas vai a fume de carozo. Parece que Román non da atopado o que busca... pero non importa, porque está aprendendo unha morea de cousas sobre o  concello de Cerceda.


👍👍👍👍



Deixamos a Román diante do que queda da torre de Boedo en Queixas... a onde se terá que dirixir agora?


domingo, 27 de novembro de 2022

 PISTA 3 E SOLUCIÓN


Todo o alumnado de primaria atopou a solución á pista 3. Os de primeiro animáronse a escribir o resultado nas súas pizarras:


En Xesteda parece que tampouco  hai rastro do torque...  que mágoa!!

luns, 21 de novembro de 2022

 MOCHILA VIAXEIRA

ZAIRA/1º PRIMARIA



 SOLUCIÓN PISTA 2

Toda a rapazada descubriu que Román empeza a súa busca na igrexa do Adro de Rodís. Rodís era a palabra agochada no encrucillado.



xoves, 17 de novembro de 2022

PISTA 2

ROMÁN SEGUE O SEU CAMIÑO. 

REMOU POLO RÍO LENGÜELLE, E DERREADO DE TANTO REMAR FOI DESCANSAR Á FEIRA DAS NENAS. 

EN QUE PARROQUIA SE CELEBRA ESA FEIRA? (A RESPOSTA AGÓCHASE NO ENCRUCILLADO)





luns, 14 de novembro de 2022

LECTURAS APADRIÑADAS

O día 24 de outubro celebrouse o día das bibliotecas. Tiñamos previsto facer ese día os apadriñamentos lectores. Pero como había  moitos virus circulando polo colexio, deixámolas para cando a rapazada estivera san. 
Por fín o venres 11 con un sol radiante, padriños e madriñas léronlle a os seus afillados e afilladas. E agasallaronos con uns debuxos ben xeitosos.


 

 

xoves, 10 de novembro de 2022

 SOLUCIÓN PISTA 1

a rapazada andivo case tan rápida como román e atopou a solución a pista nº 1.

os de primeiro, fotografaronse coa resposta unha vez que remataron o seu traballo







martes, 8 de novembro de 2022


COÑECENDO CERCEDA 
CON ROMÁN 
E O TORQUE DE OURO

Co fin de coñecer un pouco o Concello de Cerceda, a rapazada de primaria anda liada  cun xogo de pistas. 

Que agochará a pista 1?




venres, 4 de novembro de 2022

 MOCHILAS VIAXEIRAS

TELMO/1º PRIMARIA


A mochila viaxeira foi ata a casa de Telmo e o caderno viaxeiro voltou  cargadiño  de noticias importantes: 

- os libros que máis lle gustaron a Telmo

- o cómic que debuxou de Super Cenoria

- a torta de nubes que elaborou coa súa irmán Ánxela e cos seus papás

-as cantigas sobre Cerceda que  cantou  a súa avoa

- a lenda sobre a Pedra Cerdeira e o mapa do tesouro dos mouros, que lle contou a avoa



GRACIÑAS FAMILIA!!!💗💕💟


domingo, 30 de outubro de 2022

IV CONCURSO DE MARCAPÁXINAS DA BIBLIOSILVA

Celebramos o día das bibliotecas facendo entrega dos agasallos aos finalistas e á gañadora do IV CONCURSO DE MARCAPÁXINAS. 
Desexamos que o lema que presentou Alicia: CERCEDA VOLTA AO AZUL, sexa presente e futuro para o noso Concello de Cerceda.



 

xoves, 27 de outubro de 2022

 MOCHILAS VIAXEIRAS

COÑECENDO CERCEDA


Artai de 5º de infantil  trouxo de volta a mochila viaxeira.  

A  bisavoa de Artai cantaba moito unha cantiga sobre a parroquia de Rodís. E a súa familia escribiuna para nos  no  Caderno Viaxeiro:

GRACIÑAS FAMILIA!!💚

martes, 25 de outubro de 2022


COÑECENDO CERCEDA

Neste curso pretendemos coñecer un pouco máis o concello ao que pertence o noso cole.
Para o  mes de outubro, Silviña propuxo  un xeróglifo ao alumnado de primaria:



1º PRIMARIA
Aínda que parece un pouco difícil, á rapazada de primeiro de primaria non lle costou nadiña  resolvelo. 
Ata se animaron a debuxar a festa á que se refería o xeróglifo.

Son uns artistas. Velaquí tendes a proba:




3º PRIMARIA


O alumnado de terceiro de primaria tamén descubriu que a resposta do xeróglifo era: FEIRA DAS NENAS

E  investigando, investigando...  Izan e José Lamas Catro, o seu avó, atoparon unhas coplas do ano 1992, que un home  lle adicou a esta festa tan importante para a parroquia de Rodís e para todo o concello de Cerceda. 

 Atoparon tamén  O CONTO DUN BAILE, e unha foto do Campo da Feira das Nenas


💛💚💙💜💛💚💙💜
 
Clara preguntou na súa casa. O seu avó Guillermo e a súa mamá Sonia, contáronlle que a Feira das Nenas  tamén se chama feira de Abril:



4º/5º INFANTIL



Os alumnos de 4º/5º de infantil respostaron moi ben á pregunta de Silviña: