xoves, 10 de xaneiro de 2013


Feliz Ano 2013 rapaces:

Xa rematei a miña viaxe de Nadal, e agora quero que vós coñezades o lugar onde estiven. Pero non volo vou a poñer tan fácil!  Primeiro teredes que acertar algunhas preguntas. Seguro que o adiviñades.

1º- A pista é moi fácil, a súa bandeira  .     Que país visitei?

2º- Se aínda non o tedes claro, clica nesta imaxe dunha danza popular deste país. Aínda que din que, realmente, non é orixinaria del, que foi creada para unha película. Sabedes como se chama esta danza?

 3º- Como vos adiantei na última carta, ía pasar o Nadal nun lugar distinto. Alí coñecín tradicións de Nadal distintas ás nosas. Unha ten que ver coa comida. Kourabiédes,galopoula , gourounopoulo psito ou vassilopita  son comidas típicas destas datas. Están deliciosas! Podédesme dicir que é cada unha delas?

4º- O día 25 de Nadal Papá Noel non deixa regalos. O encargado de facelo é outra persoa o día 1 de xaneiro. Sabedes como se chama?

5º-  Visitei a capital deste país. Cal é?

6º- A parte máis alta e centro sagrado das cidades deste país ten un nome. A máis coñecida é a da capital. Alí hai templos dedicados ós deuses. Sabes que nome lle dan a esta parte máis alta?
 7º- O templo máis importante relacionado coa pregunta anterior, é o da deusa Athenea Parthenos. Que nome recibe?

8º- No século IV a.C. construiuse un estadio para acoller as probas de atletismo na honra da deusa Atenea. No 1896 reconstruiuse con motivo da celebración dos primeiros Xogos Olímpicos da era moderna. Como se chama este estadio?

9º- Aínda que a capital é moi bonita e visitei moitos sitios interesantes, tamén viaxei polo resto do país. Incluso estiven en illas que forman parte del. Unha delas pertence ó arquipélago das illas Cícladas, localizadas no mar Exeo. Pódese dicir que é unha das illas máis turísticas. Os seus pobos son moi pintorescos. Cal é o nome desta illa?

10º- No Blog de Relixión tedes máis preguntas.

 γειά

Buluchi           

Ningún comentario:

Publicar un comentario