luns, 1 de outubro de 2018

XUBILACIÓN!!!

No mes de setembro Buluchi enviounos esta carta:


Queridas nenas, queridos nenos:

Son Buluchi, a mascota da vosa biblioteca. Teño que anunciarvos unha nova moi importante: xubílome!!!

Dende o curso 2012/13 vivín con vós momentos inesquecibles e experiencias formidables: percorrín o mundo, aprendín moreas de cousas sobre os oficios, fixen unha viaxe no tempo a través da historia, coñecín os irmáns Grimm e os libros que escribiron, souben cousas moi interesantes sobre as sete marabillas do mundo …

Voume supermegafeliz de ter compartido tantos cursos con todos vós. Agora apetéceme  facer cousiñas novas que teño pendentes e que me fan moita ilusión.

 Pero resulta que os mestres encargados da biblioteca, precisan outra mascota que lles axude no seu traballo. Acordaron facer un concurso entre todas as nenas e nenos do colexio. Por iso, e coa axuda das vosas familias, pídenvos que deseñedes unha mascota para a biblioteca e que tamén pensedes nun nome para ela.

 O gañador ou gañadora do concurso terá un premio sorpresa que recibirá o día 24 de outubro, día dedicado ás bibliotecas escolares. Tendes de prazo para entregar os traballos aos vosos titores ata o día 15 de outubro. O día 16, reunirase o xurado e decidirá o gañador ou gañadora, tanto da mascota como do nome (que non teñen porqué coincidir).
Anímovos a que participedes. Pedídelles ás vosas familias que vos axuden: así vai a saírvos unha mascota ben xeitosa.
Moita sorte!!!



PD: calquera día volvo para facervos unha visita e contarvos á que me dedico.


Así que, non vos esquezades: PRECISAMOS OUTRA MASCOTA!!! Tedes aínda ato o dia 15 de outubro

Ningún comentario:

Publicar un comentario